Kevin A. Lynch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKevin A. Lynch
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 1984 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Martha's Vineyard, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Politécnico Rensselaer
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Francis W. Parker School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , escritor , urbanista , profesor universitario , teórico da arquitectura Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJohn Pearce Boorn (en) Traducir, William Lyman Porter (en) Traducir, Deana Rhodeside (en) Traducir e William Wolpert Harris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en

WikiTree: Lynch-8130

Kevin Andrew Lynch (1918, Chicago, Illinois — 1984, Martha's Vineyard, Massachusetts, EUA) é urbanista e autor. Lynch estudou na Universidade Yale, en Taliesin (o taller de Frank Lloyd Wright), no Instituto Politécnico Rensselaer, e graduouse Bacharel en urbanismo no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (ITM) (Massachusetts Institute of Technology (MIT) en 1947. Comezou a impartir docencia no ITM no ano seguinte, chegou a profesor asistente en 1949 e profesor titular en 1963.

Lynch promoveu diversas contribucións ao campo urbanístico a través de pescudas empíricas sobre como os individuos observan, perciben e transitan polo espazo urbano. Os seus libros exploran a presenza do tempo e da historia nas cidades, como os ambientes urbanos afectam aos nenos, e como aguzar a percepción urbana da forma física das cidades e rexións. Procurou estudar estes aspectos como conceptos básicos dun bo deseño urbano.

O seu libro mais famoso The Image of the City ("A Imaxe da Cidade") publicado en 1960, é o resultado de cinco anos de estudos sobre como as persoas perciben e organizan informacións aleatorias cando circulan polo espazo urbano. Usando tres cidades diferentes como exemplo (Boston, Jersey City e Os Ánxeles), Lynch analizou que as persoas en xeral, entenden a cidade ao seu arredor de maneira consistente e previsible, formando mapas mentais coa utilización de cinco elementos principais:

  • Vías: Son as rúas, calzadas, ferrovías e outros camiños de locomoción;
  • Límites: Son contornos perceptibles, tales como muros, construcións e a costa;
  • Barrios ou Distritos: Son seccións relativamente grandes da cidade, distintas por algunha característica ou identidade;
  • Puntos Nodais: Son puntos de converxenza de persoas, como cruzamentos de vías ou prazas; e
  • Marcos: Que son obxectos peculiares que poden servir como punto de referencia.

"A Imaxe da Cidade" ten unha importante e durable influencia nos campos do urbanismo, arquitectura e na psicoloxía de ambientes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lynch, Kevin, City Sense and City Design: Writings and Projects of Kevin Lynch (Tridib Banerjee e Michael Southworth, editores), MIT Press, Cambridge MA e Londres 1990; ISBN 0-262-12143-3
  • Lynch, Kevin, Good City Form, MIT Press, Cambridge MA e Londres 1984, c1981; ISBN 0-262-12085-2
  • Lynch, Kevin, The Image of the City, MIT Press, Cambridge MA 1960
  • Lynch, Kevin, Managing the Sense of a Region, MIT Press, Cambridge MA e Londres 1976, 1980; ISBN 0-262-12072-0
  • Lynch, Kevin, e Hack, Gary, Site Planning, MIT Press, Cambridge MA e Londres 1962; 2nd edition 1971; 3rd edition 1984; ISBN 0-262-12106-9
  • Lynch, Kevin, A Theory of Good City Form, MIT Press, Cambridge MA e Londres 1981; ISBN 0-262-12085-2
  • Appleyard, Donald, Lynch, Kevin, e Myer, John R. The View from the Road, MIT Press, Cambridge MA 1964
  • Lynch, Kevin, Wasting Away (con contribucións de Michael Southworth, editor), Sierra Club Books, San Francisco 1990; ISBN 0-87156-675-3
  • Lynch, Kevin, What Time is this Place?, MIT Press, Cambridge MA 1972; ISBN 0-262-12061-5

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]