Kerry GAA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Equipo de deportes gaélicos O Kerry County Board of the Gaelic Athletic Association ou Cumann Lúthchleas Gael Chontae Chiarraí, tamén coñecido como Derry GAA, é unha das 32 divisións de condados da Gaelic Athletic Association (GAA) en Irlanda e é responsable dos deportes gaélicos no Condado de Kerry e organiza as competicións entre os clubs do condado. Foi fundado en 1888 e as súas cores son o verde e o dourado.

Os maiores éxitos do equipo do Condado de Kerry viñeron da man do fútbol gaélico, deporte do que é o equipo máis laureado, gañando o All-Ireland Senior Football Championship en 36 ocasións e a National Football League en 19, tendo nos dous unha ampla marxe respecto dos seus perseguidores, ademais no 2009 o equipo de fútbol gaélico de Kerry desputou a súa 55ª final do All-Ireland, sendo o equipo que máis finais desputou na historia, superando por moito ao segundo, o Dublin GAA que conta con 35 finais. O equipo dos anos '70 e '80 é considerado como o mellor de tódolos tempos, desputando nestas dúas décadas 12 finais para un total de 9 títulos, pasando despois a sufrir unha crise na que non desputou ningunha final entre 1987 e 1996. Tamén no fútbol gaélico, mais na categoría feminina, o Condado acadou importantes éxitos, ao gañar o All-Ireland Senior Ladies' Football Championship en 11 ocasións, sendo o equipo máis laureado por diante de Waterford GAA e Cork GAA que contan con 5 títulos.

A pesar da gran importancia do fútbol gaélico, o primeiro título de Kerry chegou na modalidade do hurling en 1891, sendo ademais o seu primeiro e último título ata a data nesta modalidade deportiva. Curiosamente, a final que o equipo gañou en 1891 foi a única final que desputou o equipo de Kerry na súa historia.

Baixo o Camogie’s National Development Plan 2010-2015 para promocionar o camogie, “Our Game, Our Passion,”[1] Donegal, Kerry, Mayo e Monaghan propuxéronse crear un total de 14 novos clubs ata o 2015.[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Fútbol gaélico[editar | editar a fonte]

Masculino[editar | editar a fonte]

  • All-Ireland Senior Football Championships: 36
    • 1903, 1904, 1909, 1913, 1914, 1924, 1926, 1929, 1930, 1931, 1932, 1937, 1939, 1940, 1941, 1946, 1953, 1955, 1959, 1962, 1969, 1970, 1975, 1978, 1979, 1980, 1981, 1984, 1985, 1986, 1997, 2000, 2004, 2006, 2007, 2009
  • National Football Leagues: 19
    • 1928, 1929, 1931, 1932, 1959, 1961, 1963, 1969, 1971, 1972, 1973, 1974, 1977, 1982, 1984, 1997, 2004, 2006, 2009
  • Munster Senior Football Championships: 73
    • 1892, 1903, 1904, 1905, 1908, 1909, 1910, 1912, 1913, 1914, 1915, 1919, 1923, 1924, 1925, 1926, 1927, 1929, 1930, 1931, 1932, 1933, 1934, 1936, 1937, 1938, 1939, 1940, 1941, 1942, 1944, 1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 1953, 1954, 1955, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1968, 1969, 1970, 1972, 1975, 1976, 1977, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1984, 1985, 1986, 1991, 1996, 1997, 1998, 2000, 2001, 2003, 2004, 2005, 2007, 2010

(*) A Railway Cup é desputada por equipos das Provincias, estes anos tódolos xogadores do Munster foron do Kerry GAA.

Feminino[editar | editar a fonte]

Hurling[editar | editar a fonte]

Estadios[editar | editar a fonte]

Competicións organizadas por Kerry GAA[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Irish Independent March 29 2010: Final goal for camogie
  2. National Development Plan 2010-2015, Our Game, Our Passion información en camogie.ie, pdf download (778k) en Camogie.ie download

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]