Keros - Κέρος
| Keros - Κέρος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Cícladas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2010) | Deshabitada |
| Superficie | 15 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 36°53′N 25°39′E / 36.883°N 25.65°E |
| Maior Altura | 432 m. Monte Keros |
| Localización | |
Keros (Grego: Κέρος) é unha illa grega deshabitada. Pertence ao arquipélago das Cícladas, máis concretamente ás Cícladas menores, e está situada a uns 10 quilómetros ao sueste de Naxos. É unha das pequenas Cícladas xunto a Irakleia, Schoinoussa, Antikeros, Giaros e Kuofonisi. Administrativamente forma parte da comunidade de Koufonisi.
Trátase dunha illa montañosa, de clima seco, caloroso no verán e amornado no inverno. O seu punto máis elevado é o Monte Keros, de 432 metros sobre o nivel do mar.
Na actualidade a illa atópase deshabitada, aínda que en distintas escavacións atopáronse restos da antiga civilización cicládica que floreceu sobre o ano 2500 a.C. O habitante máis soado da illa foi Athenasagoras. Keros é especialmente coñecida polas estatuas de mármore que posteriormente inspiraron a Pablo Picasso e Henry Moore.