Kenjutsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samurais loitando con espadas no tellado da Torre Hōryū, período Edo.

Kenjutsu (en xaponés: 剣術, arte da espada) é unha arte marcial xaponesa na cal se estudan e practican técnicas de esgrima, principalmente o manexo de espada, para combate corpo a corpo. Súa arma por antonomasia é a espada katana, que podía ser usada soa ou en conxunto con outra. O período de seu desenvolvemento foi durante a Idade Media, até pouco antes da Era Meiji, cando o seu prestixio entrou en decaída xuntamente co prestixio dos samurais e de todo o que eles representaban.[1][2][3]

Así como aconteceu coas varias disciplinas de guerra que os guerreiros xaponeses deberían aprender, xurdiron diversas escolas de Kenjutsu, coas máis varías técnicas e enfoques. Esas escolas, despois coñecidas como koryu, eran froito do estudo dunha familia enteira ou de só un samurai, que se dedicaba a adestrar e a colocar en proba súas habilidades, tanto no campo de batalla canto en desafíos a outro guerreiro famoso.[4][5]

Coa caída de seu prestixio como aspecto da cultura xaponesa, a arte marcial pasou por un período de adaptación e transformación, realzando máis o lado filosófico do estudo e de súas prácticas, do cal xurdiu o Kendo. Un proceso moi parecido co que aconteceu coas outras artes marciais, como o jujitsu que culminou no nacemento do judo e do aikido, ou mesmo o iaijutsu que se transformou no iaido, ou o toshujutsu, que se transformou no karatedo.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bull, Wagner J. (2006) (en portugués). Aikido Takemussu Aiki. São Paulo: Pensamento.
  2. Frederic, Louis; Hwang, Alvaro David (trad.) (2008) (en portugués). Japão - Dicionário E Civilização. São Paulo: Globo. p. 77.
  3. "Kenjutsu" (en portugués). Sociedade Bradileira de Bugei. http://www.bugei.com.br/bugei/disciplinas/kenjutsu.asp. Consultado o 11 de marzo de 2014.
  4. Tokitsu, Kenji (2008) (en castelán). Myamoto Musashi. Barcelona: Paidotribo.
  5. "Kenjutsu" (en italiano). Associazione Italiana Katori Shinto Ryu. http://www.katorishinto.it/main.asp?pagina=kenjutsu. Consultado o 11 de marzo de 2014.
  6. Bull, Wagner J. (2006) (en portugués). Aikido - O Caminho Da Sabedoria - Dobun Historia E Cultura. São Paulo: Pensamento.
  7. "History of Karate" (en inglés). http://toshujutsu.weebly.com/history-of-karate.html. Consultado o 11 de marzo de 2014.