Ken Akamatsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Ken Akamatsu (赤松健, Akamatsu Ken) é un historietista xaponés (mangaka), nacido o 5 de xullo de 1968 en Kanagawa. Mide 1,68 m e pesa 50 kg. Suspendeu en dúas ocasións o exame de acceso á Universidade de Tokio na sección de estudios audiovisuales, e acabou estudiando literatura na Universidade de Chūō.

Ó igual que moitos debuxantes xaponeses, comezou debuxando dōjinshi para o Comiket, baixo o pseudónimo de Awa Mizuno (水野亜和, Mizuno Awa), e posteriormente metéuse no manga comercial. Love Hina foi o manga co que se deu a coñecer ó mundo, inda que anteriormente debuxara AI Ga Tomaranai e Always My Santa.

A maior parte das súas obras teñen escenas ecchi e, concretamente, Love Hina e Magister Negi Magi pódense considerar "harem manga", pois o protagonista é un rapaz rodeado de rapazas.

Akamatsu recoñece que o seu personaxe predilecto de Love Hina é Motoko Aoyama. Mide 1,75 m e podería pasar por modelo. A primeira vista é forte, pero divírtelle debuxala porque tamén ten unha parte sensible e as veces rompe a chorar.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]