Kelvin Edward Felix
Kelvin Edward Felix | |
---|---|
Cardeal da Igrexa Católica | |
Biografía | |
Nacemento | 15 de febreiro de 1933 en Roseau, Dominica |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 8 de abril de 1956 |
Consagración episcopal | 5 de outubro de 1981, por Bulus Fuad Naim Tabit |
Creado cardeal | 22 de febreiro de 2014, por Francisco |
Arcebispo de Castries Cardeal-Presbítero de Santa Maria della Salute a Primavalle | |
1981 - 2008 | |
Predecesor | Patrick Webster |
Sucesor | Robert Rivas |
Outros | |
Escudo de Kelvin Edward Felix | |
Ut omnes unum sint | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Kelvin Edward Felix, nado o 15 de febreiro de 1933 en Roseau (Dominica) é un cardeal e arcebispo católico latino, arcebispo de Castries (Santa Lucía) entre 1981 e 2008.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Roseau o 15 de febreiro de 1933. Estudou no seminario San Xoán María Vianney en Trinidad, e foi ordenado sacerdote o 8 de abril de 1956, converténdose no primeiro sacerdote diocesano de Roseau e no primeiro sacerdote católico en ser ordenado en Dominica.
Logo de exercer o seu ministerio por uns anos en Dominica, marchou a estudar á Universidade San Francisco Xabier en Nova Escocia, graduándose en Educación en 1963; e obtivo un máster en Socioloxía e Antropoloxía na Universidade de Notre Dame (Indiana), en 1967. Finalizou os seus estudos en Socioloxía na Universidade de Bradford (Inglaterra), graduándose en 1970. Posteriormente foi profesor na Universidade das Indias Occidentais en St. Augustine (Trinidad e Tobago).
O 17 de xullo de 1981 foi elixido arcebispo de Castries. Recibiu a consagración episcopal o 5 de outubro de mans do pro-nuncio para as Antillas Bulus Fuad Naim Tabit, tendo como co-consagrantes ao arcebispo de Porto España Gordon Anthony Pantin e ao arcebispo de Kingston Samuel Emmanuel Carter.
Durante o seu pontificado foi tamén presidente da Conferencia Episcopal das Antilla, e membro do Pontificio Consello para a Familia e do Pontificio Consello para o Diálogo Interrelixioso.
Permaneceu á fronte da arquidiocese e Castries até que Bieito XVI aceptou o seu retiramento ao alcanzar a idade canónica, o 15 de febreiro de 2008. No consistorio do 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria della Salute a Primavalle.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Bispos católicos de Dominica
- Bispos católicos de Santa Lucía
- Bispos da Igrexa católica latina
- Cardeais creados por Francisco
- Cardeais de Dominica
- Nados en 1933
- Nados en Roseau
- Alumnos da Universidade San Francisco Xabier
- Alumnos da Universidade de Notre Dame
- Alumnos da Universidade de Bradford
- Profesores da Universidade das Indias Occidentais