Kelley Deal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kelley Deal (nado o 10 de xunio de 1961 en Dayton, Ohio, Estados Unidos) é a guitarrista de The Breeders e xemelga idéntica da tamén músico Kim Deal (coñecida por ser membro de Pixies).

Os comezos[editar | editar a fonte]

Kelley Deal naceu once minutos antes que súa irmá. As xemelgas Deal creceron en Huber Heights, un suburbio de Dayton, Ohio. Kelley comenzou a consumir drogas de forma recreacional aos trece anos. As irmás formaron a primeira encarnación de The Breeders ao final de súa adolescencia, con Kim tocando a guitarra acústica, Kelley como baxista e ambas cantando. Ambas tiveron a oportunidade de unirse a Pixies a finais dos anos 1980, con Kim como baxista e Kelley como batería; Kim seguiu adiante, mentres que Kelley optou por mudarse a California. Mentres que Kim convertiuse nunha músico indie, Kelley dedicouse á programación de ordenadores.

The Breeders[editar | editar a fonte]

En 1989, Kim Deal e Tanya Donelly (guitarrista de Throwing Muses) formaron unha nova encarnación de The Breeders. Kelley iba a tocar no álbum debut, ''Pod'', pero non puido por traballo.

En 1992, Kelley Deal uniuse á banda como terceira guitarrista, pero realmente non sabía tocar a guitarra. O EP Safari é a primeira gravación na que aparece. A guitarrista Tanya Donnelly abandonou para formar a banda Belly pouco despois do lanzamento de Safari. Kim suxiriu a Kelley que tocara a batería para a banda, pero despois de que Kelley insistise en ser a guitarrista da banda, Kim lle ensinou todas as cancións de Pod e as partes do novo álbum que estaban a punto de gravar, ''Last Splash''. Uniuse á banda un batería de Dayton, Jim MacPherson. Last Splash lanzouse en 1993, a banda actuou como telonero de Nirvana, ademais de tocar no Lollapalooza de 1994.

Rehabilitación[editar | editar a fonte]

Kelley Deal foi adicta á heroína desde a adolescencia, ademais de abusar do alcohol durante súa etapa de técnico analista. En 1995, foi detenida por posesión de drogas, ao aceptar un envío de heroína (vía postal). Segundo Kelley súa familia a meteu en rehabilitación para evitar o cárcere, pero a realidade é que foi unha orden xudicial, sen a cal tería que ingresar en prisión.

Despois de seu período de rehabilitación, comenzou o proxecto de The Kelley Deal 6000. A banda iba a chamarse Solid State; pero xa existía unha banda con ese nome. En rehabilitación comenzou a compoñer súas propias cancións, que foron as utilizadas para a banda. Mudouse a St. Paul, Minnesota mentres súa irmá tocaba con súa nova banda The Amps, en Dayton.

Kelley Deal tamén uniuse a Last Hard Men có cantante de Skid Row, Sebastian Bach, o batería de Smashing Pumpkins, Jimmy Chamberlin e Jimmy Flemion de The Frogs. Tocou o baixo coa banda e gravaron un álbum en 1997, aunque non se lanzou ata 2001 porque non encontraban unha discográfica que quisera publicalo.

Kelley Deal 6000 lanzou dous álbums no selo de Deal, Nice Records, Go To The Sugar Altar en 1996 e Boom! Boom! Boom! en 1997. Deal volveu a xuntarse con súa irmá a finais dos anos 1990 para gravar novas demos para The Breeders. Cunha nova alineación, publicaron en 2002 un álbum titulado Title TK, que contén tres cancións grabadas en 1999, nas que as irmás tocan todos os instrumentos. En abril de 2008, The Breeders lanzou Mountain Battles. Ademais, en outubro dese mesmo ano tocaron en Cincinnati, en apoio ao candidato presidencial de Estados Unidos Barack Obama.