Keith Emerson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Keith Emerson

Keith Emerson, nado en Todmorden, Inglaterra, o 2 de novembro de 1944, é un pianista, teclista e compositor británico. Comezou a súa carreira integrando o grupo The Nice, e despois pasou a formar parte de Emerson, Lake & Palmer (ELP), un dos primeiros super grupos dos anos 70. Despois da disolución de ELP, volveu reunirse cos integrantes de The Nice a mediados dos anos '90 para facer unha xira de concertos.

Emerson naceu en Todmorden, Inglaterra. De neno aprendeu a tocar o piano con orientación á música clásica europea, do cal derivou moita inspiración para crear o seu estilo propio, combinando música clásica, jazz e rock nas súas obras. Como executante de órgano Hammond, Emerson encontrou en 1969 unha oportunidade para colaborar con Robert Moog, e traballou coa súa invención, o módulo Moog, un sintetizador analóxico. Namentres outros músicos, tales como os Beatles e os Rolling Stones usaran o Moog, Emerson foi o primeiro músico en facer unha xira con un destos sintetizadores.

Emerson é coñecido pola súa técnica virtuosística e polas súas pallasadas no escenario, incluíndo o uso de coitelos para oprimir as teclas do órgano durante os seus solos, tocando o órgano ao revés mentres o ten no seu colo e empregando un dispositivo especial para rotar o seu piano mentres o está tocando (isto era puramente teatral, xa que os pianos acústicos non poden funcionar cando son rotados deste modo). Xunto aos seus contemporáneos como Richard Wright de Pink Floyd, Tony Banks de Genesis , Rick Wakeman de Yes e Jon Lord de Deep Purple, Keith Emerson é amplamente recoñecido coma un dos tecladistas máis influentes da era do rock progresivo.



Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]