Keisuke Honda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Keisuke Honda
本田 圭佑
Información persoal
Nome Keisuke Honda
Nacemento 13 de xuño de 1986 (37 anos)
Lugar de nacemento Settsu
Altura 1,82 m
Posición Mediapunta / Dianteiro
Información de club
Club actual Botafogo (xogador)
Camboxa (adestrador)
Número 4
Carreira xuvenil
1994–1998 Settsu FC
1999–2001 Gamba Osaka
2002–2004 Instituto Seiryō
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2007 Nagoya Grampus 90 (11)
2008–2010 VVV-Venlo 68 (24)
2010–2014 CSKA Moscova 94 (20)
2014–2017 Milan 81 (9)
2017–2018 Pachuca 29 (10)
2018–2019 Melbourne Victory 18 (7)
2019 Vitesse 4 (0)
2020– Botafogo 1 (1)
Selección nacional
2005 Xapón sub-20 1 (0)
2006–2008 Xapón sub-23 18 (5)
2008–2018 Xapón 98 (37)
Adestrador
2018– Camboxa
Na rede
http://en.keisuke-honda.com/
Twitter: kskgroup2017 Instagram: keisukehonda_official FIFA: 233500 UEFA: 250015727 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 27 de xullo de 2020
editar datos en Wikidata ]

Keisuke Honda (本田 圭佑 Honda Keisuke?) nado en Settsu, Osaca, o 9 de setembro de 1991, é un futbolista internacional xaponés que xoga como mediapunta, aínda que tamén pode ocupar a posición de dianteiro, para o Botafogo da Série A. É coñecido polos seus lanzamentos de falta e a súa habilidade para canear. Foi convocado máis de 60 veces coa súa selección desde o ano 2008, coa que xogou as Copas do Mundo de Suráfrica 2010 e Brasil 2014 e gañou a Copa Asiática de 2011, onde foi elixido como mellor xogador do torneo. Alén de xogador, é o adestrador da selección de Camboxa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Honda naceu en Settsu, cidade situada ao norte de Osaca, o 13 de xuño de 1986. Honda comezou a xogar ao fútbol no Settsu FC, o club da súa cidade natal, cando era un estudante de segundo grao na escola primaria. Posteriormente incorpórase con 13 anos ás categorías inferiores do Gamba Osaka. Alí permanece dous anos até que ingresa na Escola Secundaria Seiryo, situada na Prefectura de Ishikawa. Honda destaca no equipo de fútbol e convértese nun dos seus xogadores clave. Con el o equipo chega por vez primeira na historia da escola á fase final do "Torneo de fútbol do Xapón de Escolas Secundarias" (全国高等学校サッカー選手権大会 Zenkoku kōtō gakkō sakka senshuken taikai?). Debido á súa actuacción comeza a ser seguidos por varios equipos da J. League.