Keisha Castle-Hughes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Keisha Castle-Hughes
Keisha Castle-Hughes at TIFF 2009.jpg
Castle-Hughes en setembro de 2009.
Nacemento Keisha Castle-Hughes
24 de marzo de 1990 (24 anos)
Donnybrook, Australia Occidental, Australia Australia
Profesión Actriz (2001–presente)
Fillo(s) Felicity-Amore Hull, (nada o 2007)
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Keisha Castle-Hughes, nada o 24 de marzo de 1990 en Donnybrook, Australia Occidental, é unha actriz australiana nacionalizada en Nova Zelandia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de Tim Castle, de orixe angloaustraliana e Desrae Hughes, de orixe maorí. Os seus pais, que nunca estiveron casados, acabaron separándose. Cando Keisha tiña tan só dezaoito meses, a súa familia mudouse a Nova Zelandia, e ela obtivo a cidadanía neozelandesa no 2001.

Como actriz, gañou prominencia á idade de once anos cando interpretou a Paikea "Pai" Apirana no filme Whale Rider do ano 2002. Keisha acadou nomeamentos para diversos premios entre os que destacan os Premios da Academia á mellor actriz, converténdose así na actriz máis nova en acadar ese recoñecemento.

Dende que iniciou a súa carreira con Whale Rider, Castle-Hughes apareceu en varios filmes como Hey, Hey, It's Esther Blueburger (2008), Piece of my Heart (2009) e un pequeno papel en Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005). Tamén interpretou o papel principal como a Virxe María no filme The Nativity Story no 2006.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Personaxe Notas
2002 Whale Rider Paikea
2005 Star Wars Episode III: Revenge of the Sith Raíña Apailana de Naboo
2006 The Nativity Story Virxe María
2008 Hey, Hey, It's Esther Blueburger Sunni
Piece of My Heart Kat Televisión
(en Nova Zelandia)
2009 The Vintner's Luck Celeste
2010 Legend of the Seeker Maia Televisión
2011 The Almighty Johnsons Gaia Televisión
2011 Red Dog Rose
2011 Mona's Dream

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Óscar[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2003 Mellor actriz Whale Rider Nomeada

Premios do Sindicato de Actores[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2003 Mellor actriz de reparto Whale Rider Nomeada

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]