Kazuyoshi Funaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Kazuyoshi Funaki (船木 和喜 Funaki Kazuyoshi), nado o 27 de abril de 1975 en Yoichi, Hokkaidō é un saltador de esquí xaponés.

Funaki comezou a practicar o salto de esquí ós once anos, o seu modelo foi Yukio Kasaya, natural da súa mesma localidade, e que levara un ouro nas Olimpiadas de Inverno de 1972 en Sapporo. A súa primeira aparición nunha Copa do Mundo foi o 20 de decembro de 1992 en Sapporo pero a súa primeira vitoria habería de agardar ata o 10 de decembro de 1994 en Planica en trampolín normal, e no Torneo dos Catro Trampolíns de 1995 rematou segundo por detrás de Andreas Goldberger. Ó longo da súa carreira Funaki logrou 14 vitorias da Copa do Mundo, a última o 5 de febreiro de 2005 en Sapporo, conseguindo os seus mellores resultados na tempada 1997/98 finalizando segundo nos ránkings da Copa do Mundo, e nesa tempada goñou tamén o Torneo dos Catro Trampolíns e o Festival de esquí de Holmenkollen ski jump.

Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 en Nagano gañou dúas medallas de ouro, en trampolín grande individual e por equipos e unha medalla de prata. Nos Campionatos de Esquí Nórdico de 1999 en Ramsau venceu en trampolín normal e foi o segundo por equipos ese ano como o fora en 1997 e como o volvería ser en 2003.

En 1999 recibiu a medalla Holmenkollen in 1999. Funaki segue a competir pero sen conseguir os resultados de antano, vive en Eslovenia e xa non adestra co equipo xaponés.