Kazumi Totaka
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Kazumi Totaka, en caracteres xaponeses 戸高 一生, nado o 23 de agosto de 1967 en Kioto, é un compositor xaponés.
Traxectoria [editar]
Trátase dun dos compositores máis importantes de Nintendo. Entre os seus traballos atópanse as músicas de Mario Paint ou Animal Crossing. Ocasionalmente traballa como actor de dobraxe dándolle voz a Yoshi. É un dos compositores que están a traballar en Super Smash Bros. Brawl.