Kazuma Kodaka
Nome orixinal | (ja) こだか和麻 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de novembro de 1969 (54 anos) Kōbe, Xapón |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Actividade | |
Ocupación | ilustradora , Mangaka |
Período de actividade | 1989 - |
Lingua | Lingua xaponesa |
Páxina web | k2c.qee.jp |
Kazuma Kodaka (xap. こだか和麻, Kodaka Kazuma), nada en Kōbe o 16 de novembro de 1969, é unha debuxante de manga xaponesa.
Biografía[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira en 1989 no magacine Shōnen Champion co manga Sessa Takuma! [1]. Acadou fama cos seus mangas do xénero yaoi, con escenas eróticas entre homes novos. Tamén ten realizado dōjinshi, ou parodias de mangas e animes coñecidos, como Yoroiden Samurai Troopers, Slam Dunk, Hikaru no Go, Tenisu no Ōjisama, Hagane no renkinjutsushi, Yakitate!! Japan ou Gankutsuou.
Os seus mangas máis coñecidos son Not Ready!? Sensei e Kizuna. Neles aparecen os heroes andróxinos típicos do manga shōjo.
En galego editouse Bícame profe (xap. 腐った教師の方程式 Kusatta Kyōshi no Hōteishiki) en varios volumes.
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Kizuna (1992-2005, 10 volumes)
- Sessa Takuma! (1993)
- Kimi wa Hero
- Kimera (1995-1996, 2 volumes)
- Bícame profe (1993-2002, 10 volumes); 4 volumes editados en galego por Edicións do Cumio, 2008-2009
- Sebiro no Housekeeper (1995 e 1997, 2 tomos)
- Kodaka Kazuma Illustrations (1997)
- Midare Somenishi (1999)
- Not Ready!? Sensei (2000 e 2004, 2 tomos)
- Mezase HERO! (2001 e 2004, 2 tomos)
- Ihōjin Etoranze (2003)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en xaponés)