Kathrine Switzer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKathrine Switzer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Amberg Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Syracuse
George C. Marshall High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaratoniana , escritora de non ficción , atleta , xornalista , actriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeporteMaratón
atletismo Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webkathrineswitzer.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2377657 Twitter: KVSwitzer Editar o valor em Wikidata

Kathrine Virginia "Kathy" Switzer, nada en Amberg (Alemaña) o 5 de xaneiro de 1947, é unha escritora, comentarista de televisión e atleta estadounidense, máis coñecida por ser a primeira muller en correr un maratón (o maratón de Boston) cun dorsal.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Maratón de Boston de 1965[editar | editar a fonte]

A primeira muller en correr un maratón con dorsal, proba que estaba destinada exclusivamente aos deportistas homes, cando no maratón de Boston de 1967 logrou, inscribíndose como KV Switzer, partir da liña de meta co dorsal 261 e chegar a cruzar a liña final despois de 4 horas e 20 minutos.

No transcurso da carreira, un dos comisarios, chamado Jock Semple, que exercía como codirector da carreira, detectando que Kathrine Switzer era, efectivamente, unha muller, tentou detela, saíu detrás dela e gritoulle: "Sae da miña carreira e devólveme o dorsal!". Pero a colaboración do mozo da atleta e dalgúns corredores, que a escoltaron ata a meta, impediu que fose retirada da competición. Semple tentou detela, porque calquera tipo de incidente podería provocar a perda dos permisos para celebrar o maratón. Bobbi Gibb, quen tamén correu o maratón aquel ano (pero sen dorsal), e que acabou por diante de Switzer, dixo estar seguro de que Semple non só a vira aquel ano, senón tamén o ano anterior, cando foi a primeira muller en lograr acabar o maratón de Bostón por diante de máis de 290 dos 415 corredores inscritos. Tamén aquela vez correu sen dorsal.

Outros logros[editar | editar a fonte]

Switzer gañou o maratón de Nova York de 1974 e quedou segunda no maratón de Boston de 1975, onde logrou a súa mellor marca cun tempo de 2 horas, 51 minutos e 37 segundos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]