Kat Bjelland
| Kat Bjelland | |
|---|---|
| Nome completo | Katherine Bjelland |
| Alias | |
| Naceu | 8 de decembro de 1963 (49 anos) |
| Orixe | Salem, Oregon |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | guitarra, voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | Doomedelic Records, Treehouse, Twin Tone, Southern, Reprise, Sympathy for the Record Industry, Integrity Records, Rish |
| Relacionado con | Babes in Toyland, Katastrophy Wife, Hole, Crunt |
| Tempo en activo | 1985 - actualidade |
| Web | |
Katherine Bjelland, nada o 8 de decembro de 1963 en Salem, Oregon, foi a cantante e guitarrista da banda de rock alternativo estadounidense Babes in Toyland. Tamén foi cantante e guitarrista da banda Katastrophy Wife.
Índice |
Traxectoria [editar]
Primeiros anos [editar]
A pesar de asociar a Bjelland coa escena musical da cidade de Minneapolis (Minnesota), ela realmente naceu en Salem (Oregon) e medrou en Woodburn (Oregon). Seus pais divorciáronse cando era nova, e ese feito tivo un gran efecto na súa vida.
Asistíu á Woodburn High School onde foi unha popular estudante e cheerleader. Nesa época foi cando Bjelland comezou a interesarse pola música. Un tío seu foi o que a incitou a tocar a guitarra, e a súa primeira actuación foi nun pequeno bar desa cidade chamado Flight 99.
Carreira musical [editar]
Pouco despois da súa graduación no instituto a principios dos 80, Bjelland mudouse a Portland, Oregon, onde formou varias bandas. Primeriro The Neurotics e posteriormente outra formada só por mulleres chamada The Venarays.
Realmente The Venarays non era unha banda toda de mulleres, xa que o batería Dave Hummel, e posteriormente Jack Rhodes eran homes. Despois de saír de The Venarays, Bjelland formou unha banda cunha nova amiga, Courtney Love, e coa baixista Jennifer Finch. Love saíu para formar Hole, mentres que Finch formou parte de L7. A banda tivo varios nomes, incluíndo Sugar Babylon, Sugar Babydoll e Sugar Bunnyfarm.
Sobre 1985, en San Francisco, Bjelland e Love formaron unha nova banda chamada Pagan Babies con Deidre Schletter na batería e Janis Tanaka (posteriormente en Stone Fox e L7). Cando Love marchou, esta formación tocou baixo o nome de Italian Whore Nuns.
Babes in Toyland [editar]
A mediados dos 80, Bjelland mudouse de Portland a Minneapolis, onde formou Babes in Toyland. Kat coñeceu a Lori Barbero nunha barbacoa pouco despois de chegar á cidade, e convenceuna para facerse batería. Á parella uníuselles a baixista Michelle Leon, e creouse Babes in Toyland. Courtney Love tocou o baixo durante unhas semanas, pero foi despedida e regresou á costa oeste.
O sinxelo de estrea da banda, "Dust Cake Boy"/"Spit to See the Shine", foi un éxito instatáneo. Despois de xirar por Europa con Sonic Youth, o grupo gravou o seu abrasivo primeiro álbum, Spanking Machine, que foi outro éxito. Babes in Toyland acadaría un éxito menor a comezos da década dos 90. Bandas como Bikini Kill, Bratmobile e Sleater-Kinney teñen falado do grupo como unha gran influencia, mentres que bandas de mulleres menos políticas como Jack Off Jill, 7 Year Bitch e Fluffy tamén citaron a Bjelland e a Babes in Toyland como inspiración. A carreira de Babes in Toyland alcanzou o seu máximo de popularidade cando tocaron no festival Lollapalooza en 1993.
Crunt [editar]
A principios de 1993 Bjelland comezou un proxecto paralelo chamado Crunt, ao lado do seu novo marido Stuart Gray, antigo membro de Lubricated Goat. Bjelland tocaba o baixo e Gray a guitarra, mentres que Russell Simins, de Jon Spencer Blues Explosion, encargábase da batería. En febreiro de 1994 a banda editou o seu álbum de estrea, Crunt, xunto co seu sinxelo "Swine". Durante un tempo díxose que Crunt sunbstituiría a Babes in Toyland como proxecto principal de de Kat, pero o grupo desfaríase cando Bjelland e Gray se divorciaron en xaneiro de 1995.
Katastrophy Wife e proxectos actuais [editar]
Con Babes in Toyland tocando esporadicamente cara finais dos 90, Bjelland fundou a banda Katastrophy Wife no ano 2000. O grupo xirou por locais de todo o mundo, e ata a data só leva editados dous álbums, Amusia e All Kneel; ademais do sinxelo "Heart On", lanzado polo selo australiano Rish en abril do 2007. O sinxelo pretendía ser un adianto do seu seguinte disco, Pregnant, aínda que en 2011 o traballo aínda non fora editado. Bjelland tamén realizou traballos para bandas sonoras durante este tempo e produxo o álbum The Seven Year Itch para a banda Angelica, lanzado no ano 2002.