Kastellorizo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kastellorizo - Καστελλόριζο
Vista da illa
Port of Castelorizo.jpg
Datos
Capital Magísti
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Dodecaneso
Linguas Grego
Poboación (2001) 430 hab.
Superficie 8´9 km²
Densidade
Coordenadas 36°09′N 29°35′E / 36.150°N 29.583°E / 36.150; 29.583Coordenadas: 36°09′N 29°35′E / 36.150°N 29.583°E / 36.150; 29.583
Maior Altura 273 m. Monte Vigla
Localización
Localización  da illa

Kastelórizo (en grego Καστελλόριζο, en turco Meis, en italiano Castelrosso, en francés Kastellórizo) é unha pequena illa grega do arquipélago do Dodecaneso, en augas do mar Exeo oriental, situada a menos de 50 km da costa sur de Turquía e a 110 km ao leste da illa de Rodas. Dous illotes próximos, Ro e Strogili, estanlle asociados.

Historia[editar | editar a fonte]

As escavacións arqueolóxicas revelaron unha ocupación humana da illa desde o neolítico. A civlilización micénica construíu alí grandes muros dos que aínda quedan vestixios. Ao redor do século IV a.C. a illa dependía de Piraea e emitía a súa propia moeda representando a cabeza coroada de loureiro de Dioniso nunha cara e na outra o Megisteon. Con todo esta moeda non circulou mais que na illa de Rodas mostrando o aumento progresivo da influencia de Rodas fronte a Piraea.

Deste período destacan os restos atopados en 1913 na meseta de Agios Georgios, 22 tumbas e un sarcófago en cuxo interior atopouse unha coroa de ouro decorada con follas de parra e que constitúe unha das pezas mais importantes do Museo Arqueologico de Atenas. Estas tumbas datan do século IV a.C. Outra tumba da mesma época foi atopada no illote veciño de Ros. Ata o ano 146 a.C e a chegada dos romanos Kastelórizo formará parte da Antiga Grecia.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Baixo o dominio bizantino a illa toma o nome de Kastelórizo. En 1306 a illa é conquistada polos cabaleiros da orde de San Juan de Xerusalén e integrada nas súas posesións de Rodas e o Dodecaneso sendo utilizada como lugar de exilio e de detención.

Tras a toma da illa en 1440 pola flota do sultán mameluco de Exipto, Kastelórizo será tomada en 1450 para a Coroa de Aragón polo almirante Bernat I de Vilamarí. E despois, sucesivamente, polo Reino de Nápoles en 1470, polos otománs en 1480 e de novo polo Reino de Nápoles en 1498 e por España en 1512.

En 1635 a República de Venecia toma posesión da illa, que é rebautizada Castellorosso por deformación do nome orixinal. Kastelórizo é reconquistada polo Imperio Otomán en 1686.

Idade Contemporánea[editar | editar a fonte]

A partir de 1821 a illa é administrada por Grecia durante a Guerra de independencia grega pero a illa é recuperada polo Imperio Otomán en 1833.

Entre 1913 e 1915 Kastelórizo consegue a autonomía. Entre o 14 de decembro de 1915 e o 21 de agosto de 1920 a illa é ocupada por Francia. Turquía en represalia bombardea regularmente a illa e destrúe o HMS Ben-my-Chree en 1917.

Do 21 de agosto de 1920 a mediados de 1944 a illa é ocupada por Italia que a integra ás súas posesións do Dodecaneso o 11 de xullo de 1922 baixo o nome de Castelrosso. Durante os anos 30 a illa foi unha escala importante para os avións de Alitalia e Air France. Desde mediados de 1944 ao 22 de marzo de 1945 foi ocupada polo Reino Unido tras a capitulación italiana fronte aos aliados. Durante esa ocupación a explosión dun almacén de gasolina provocou un incendio que arrasou a illa e destruíu a metade das vivendas. O 22 de marzo de 1945 Kastelórizo intégrase oficialmente en Grecia.

A poboación permanente da illa, estimada en 15.000 habitantes en 1900 reduciuse actualmente a 250 persoas. A maioría dos seus habitantes emigraron a Australia, onde son coñecidos co sobrenome de Kassies, aos Estados Unidos ou a Francia, principalmente á rexión de Marsella.

Actualmente Kastelórizo é cada vez mais visitada polos turistas en busca dunha illa illada e dos decorados da película Mediterráneo de Gabriele Salvatores, que recibiu un oscar en 1991.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Kastelorizo.png

Kastelórizo a illa grega mais oriental e atópase na conca do mar Mediterráneo. De forma triangular e montañosa mide 3 km de longo e 6 km de ancho e atópase a apenas 250 m. de Turquía. O único pobo de Kastelórizo, Megísti, atópase ao fondo dunha baía ao nordés da illa, fronte ás costas turcas.

Vista panorámica do porto de Megísti