Kastós - Καστός
| Kastós - Καστός Καστός |
|
|---|---|
Localización da illa |
|
| Situación | |
| País | Grecia |
| Arquipélago | Illas Xónicas |
| Mar | Mar Mediterráneo |
| Coordenadas | 38°34′N 20°55′E / 38.567°N 20.917°E |
| Xeografía | |
| Superficie | 5´9 km² |
| Longo máximo | 8 km. |
| Largo máximo | 1 km. |
| Punto máis alto | 142 m. |
| Demografía | |
| Capital | Kastós |
| Poboación | 120 hab. |
| Lingua propia | Grego |
Kastós (en grego, Καστός) é unha illa grega e unha comunidade das Illas Xónicas. Desde a reforma de 2011 ds gobernos locais forma parte do municipio de Lefkada, da cal é unha unidade municipal.[1] Forma parte da prefectura de Lefkada. Ata mediados da década de 1970, a illa foi administrada por Cefalonia na prefectura de Itaca. A illa máis próxima é Kalamos, cunha canle profunda entre elas, a parte continental está, aproximadamente, a 5 km ao nordés da prefectura de Aitoloakarnania. Kastós ten unha escola, unha igrexa e unha praza (plateia), o liceo (escola media) e o ximnasio (escola secundaria) máis próximos atópanse na prefectura de Aitoloakarnania na Grecia continental, pero a maioría dos seus estudantes tamén asisten aos de Nydri (na illa de Lefkada). A illa ten 7 km de lonxitude de norte a sur e 800 m de ancho, unha área de 5´901 km² e o seu punto máis alto é de 142 m sobre o nivel do Mediterráneo.
Índice |
Xeografía[editar]
A illa ten 7 km de longo de norte a sur e 800 m de ancho. Cunha superficie de 5´901 km², e o seu punto máis alto é de 142 m sobre o nivel do Mediterráneo.
A illa ten un só pobo, o homónimo Kastós, situado na costa este. Ten unha poboación de ao redor de 120 habitantes, que se dedican principalmente á pesca e os servizos turísticos. Durante o verán a diáspora retorna a Kastioti para as vacacións e, xunto coa fluctuación dos visitantes que chegan en barcos, forman o seu carácter estacional.
Notas[editar]
- ↑ Kallikratis law Greece Ministry of Interior (en grego)