Kaspars Bērziņš

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaspars Bērziņš
BC Šiauliai  – No. 14
Información persoal
Nacemento 25 de agosto de 1985 (38 anos)
Ogre
Nacionalidade Letonia Letonia
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2007 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2003
Historial de equipos

Letonia BK Skonto (2003–2004)
España CB Málaga (2004–2005)
Letonia ASK Riga (2005–2006)
Letonia Barons LMT (2006–2009)
España Baloncesto Fuenlabrada (2009–2010)
España Cáceres CB (2010)
Letonia VEF Rīga (2010–2014)
Galicia Obradoiro CAB (2014)
Rusia Krasnye Krylia (2014–2015)
Rusia Nizhny Novgorod (2015–2016)
Rusia Zenit Saint Petersburg (2016)
Letonia Ogre/Kumho Tyre (2016–2017)
Rusia Lokomotiv Kuban (2017)
Letonia VEF Rīga (2017–2018)
Letonia BK Ogre (2018–2020)
Lituania Šiauliai (2020–presente)

Kaspars Bērziņš, nado o 25 de agosto de 1985 en Ogre, é un xogador profesional de baloncesto letón que xoga no BC Šiauliai lituano. Cunha estatura de 2,13 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Bērziņš comezou a xogar ó baloncesto na súa cidade natal, Ogre. Máis tarde xogou no BK Skonto, no que debutou na tempada 2002-03. No ano 2004 fichou polo Unicaja Málaga da Liga ACB, pero apenas xogou co primeiro equipo. En 2005 volveu a Letonia para xogar no ASK Riga, e un ano máis tarde no Barons LMT, onde xogou as seguintes tres tempadas.

En xullo de 2009, xogou a Liga de Verán da NBA cos Phoenix Suns,[1] e ó remate asinou co Baloncesto Fuenlabrada. No ano 2010 xogou cedido no Cáceres Ciudad del Baloncesto, pero en xullo de 2010 asinou un contrato de dous anos co VEF Rīga.[2]

O 11 de febreiro de 2014, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Phoenix Suns Summer League roster 2009". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2014. 
  2. "VEF RIGA tabs Kaspars Berzins". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2014. 
  3. "El Rio Natura Monbus incorpora a Kaspars Berzins". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]