Kaspar von Barth
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaspar von Barth, nado en Küstrin, Brandeburgo, en 1587 e finado en Leipzig o 17 de setembro de 1658, foi un erudito e humanista alemán.
Traxectoria[editar]
Foi un neno precoz que estudou en Gotha, Eisenach, Wittenberg e Jena e logo de rematar os seus estudos viaxou por case todos os países europeos. Independente de máis para aceptar un posto regular, viviu alternativamente en Halle e na propiedade que tiña en Sellerhausen, preto de Leipzig.
En 1636 o lume queimou os manuscritos que gardaba na súa biblioteca de Sellerhausen e Barth trasladou a súa residencia a Leipzig.
Obras[editar]
- Iuvenilia, Wittenberg 1607 (Versión dixitalizada).
- Amabilium Libri IV, Hannover 1612 (Versión dixitalizada).
- Adversariorum commentariorum en 60 libros (Frankfurt 1624, reimpreso en 1658), conxunto de comentarios sobre autores clásicos e modernos.
- Comentarios a Claudiano (1650).
- Comentarios a Estacio (1664).