Kas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kas é unha bebida carbonatada (refresco) con sabores a laranxa, limón e mazá.

Historia[editar | editar a fonte]

Empezouse a comercializar en Vitoria, Áraba, País Vasco, no ano 1956. Anteriormente comercializábase co nome Zume de Laranxa "El As"[Cómpre referencia], pero os seus donos, a familia Knörr, decidiu incorporar a esta marca o K inicial do seu apelido. Curiosamente, ademais, a palabra kas significa gas en éuscaro.

Actualmente pertence a Compañía de bebidas PepsiCo, filial española de PepsiCo, que comprou a empresa matriz de Kas no ano 1992.