Karpathos - Κάρπαθος
| Karpathos - Κάρπαθος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Pigadia |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Dodecaneso |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 6.511 hab. |
| Superficie | 324´8 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 35°35′N 27°08′E / 35.583°N 27.133°E |
| Maior Altura | 1.215 m. Monte Lastos |
| Localización | |
Karpathos é unha illa grega pertencente ao arquipélago do Dodecaneso no mar Exeo situada entre Creta e Rodas.
Índice |
Historia [editar]
A cidade de Pigadia foi construída ao final dunha praia areosa de catro quilómetros. Existen restos dunha basílica cristiá dedicada a Agía Fotiní. Homero facía referencia a Karpatos como « a illa dos ventos ».
Xeografía [editar]
Karpathos atópase ao suroeste de Rodas. Dunha lonxitude de 50 km, Kárpathos ten entre 6 e 10 km de ancho sendo pola súa superficie a segunda illa mais grande do Dodecaneso. É unha illa montañosa. A poboación principal de Karpathos é Pigadia que é así mesmo o porto principal da illa. O seu nome en grego antigo era Potideo ou Posidio.
A cordilleira escarpada do Kali-Limni (1215 m.) é, segundo a mitoloxía, o lugar de nacemento dos Titáns. Esta cordilleira divide a illa en dúas zonas, unha semidesértica e pouco poboada ao norte e outra ben irrigada e cunha maior densidade de poboación ao sur.
Transportes [editar]
Karpathos está dotada dun aeroporto.
Relixión [editar]
Existen ao redor de 280 capelas na illa dedicadas a diferentes santos.
Ligazóns externas [editar]
- Datos básicos Ministerio do interior de Grecia (en grego)