Karl Renner
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Renner, nado en Unter-Tannowitz (Moravia) o 14 de decembro de 1870 e finado en Viena o 31 de decembro de 1950, foi un político austríaco. Renner sempre estivo interesado en política e chegou a ser bibliotecario no parlamento e membro do Partido Socialdemócrata de Austria (SPÖ) en 1896. Comezou a representar o partido no Reichsrat en 1907.