Karina Falagan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKarina Falagan
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata
Castrotierra de la Valduerna, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 2013 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhosteleira Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Karina Falagan, nada en 1946 en Castrotierra de la Valduerna (Provincia de León) e finada en Vigo o 29 de maio de 2013, foi unha empresaria da noite viguesa orixinaria de León. Coñecida polos seus negocios de hostalería, principalmente polo bar Jonathan na praia de Samil onde organizaba tódolos anos un concurso de figuras de area.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era orixinario de León, arruinouse e estivo no cárcere[1]. Karina chegou a Vigo dende León con cinco anos para estudar. Aos 17 anos estudou na Universidade de Santiago, estudos que deixou para marchar a Londres. Alí tivo o seu único fillo, dun lord inglés que morreu nun accidente de coche poucos anos despois. Entre 1968 e 1969 traballou en París na embaixada de Kenya. Da embaixada enviárona a unha conferencia a Rabat onde coñeceu o xeneral Driss, xefe da armada de Marrocos, e co que tivo outra relación. Emigrou ós EUA onde viviu en Houston e Galveston mantendo outra relación con outro empresario. Despois volveu a residir en Vigo[2].

Nos últimos anos do franquismo o alcalde de Vigo, Joaquín García Picher, concedeu a Karina Falagan, entón propietaria do local de alterne Lady Hamilton da rúa Travesía de Vigo, unha licenza na praia de Samil. O local acadou sona, ademais de pola privilexiada posición en primeira liña de praia, polo Atlantis Show, un espectáculo nocturno. Alí actuaron Sara Montiel, Rocío Dúrcal, Chavela Vargas, Julio Iglesias, Alaska ou Alberto Cortez.[3].

En 1991 Rosa Miguélez, deputada do PSOE, dixo no Parlamento galego: Que o Partido Popular teña como militante a unha muller como Karina Fálagan, coñecida prostituta de Vigo, non quere dicir que tódalas mulleres do PP o sexan. Dous anos despois Karina Falagan entrou no Parlamento de Galicia, accedeu á cafetería onde estaba Rosa Miguélez e preguntoulle se a coñecía. Despois de recibir o non por resposta deulle unha labazada ao tempo que a insultaba. Karina foi denunciada polo Parlamento de Galicia solicitando seis anos e un día de prisión e un millón de pesetas de multa. O 27 de febreiro de 1995 ditouse sentenza da que saíu absolta.[4][5]

Karina era representante para Galiza e Portugal da marca inglesa de cafeteiras Kona.[2]

Faleceu dun cancro intestinal e no seu sepelio soou música de Julio Iglesias e Dulce Pontes.

Notas[editar | editar a fonte]