Karachi - كراچى
Coordenadas: 24°51′26″N 67°0′36″E / 24.85722°N 67.01°E
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Karachi (urdú: كراچى) é unha cidade de Paquistán, a maior do país, capital da provincia do Sind. Sitúase a beira do Mar Arábigo, no extremo noroeste do Océano Índico; asemade, na punta noroeste do delta do Indo. Esta privilexiada localización xeográfica fixo de Karachi o porto de acceso a toda a conca do gran río. Ata hoxe en día, en que a cidade é o porto de Paquistán, así coma o seu máis importante centro industrial, comercial, financeiro e cultural.
Os seus comezos coma pequena aldea pesqueira pronto cambiaron o descubrir un grupo de comerciantes as bondades do seu protexido porto no temperán século XVIII. O asentamento, cun forte permanente dende 1795, creceu con rapidez e era xa importante cando o capturaron os ingleses en 1840 co que cimentou definitivamente o seu destino.
Na actualidade converteuse nunha das cidades máis poboadas do mundo malia non posuír practicamente de área metropolitana fora dos seus límites administrativos. (9.339.023 habitantes, 1998 censo).
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]