Kaolack
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaolack é a capital da rexión de Kaolack, en Senegal. A súa poboación é de 150.961 habitantes (1988) e é o centro administrativo e comercial da rexión. Kaolack é un porto sobre o río Saloum,onde se comercia con maní, peles, cervexas e peixe. Prodúcese sal en salinas próximas á cidade. O ferrocarril entre Dakar e o río Níxer pasa pola cidade.
Coordenadas: 14°11′N 16°15′W / 14.183°N 16.25°W
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |