Kanzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kanzi
Kanzi conversando.
EspecieBonobo (Pan paniscus)
SexoMacho
Nacemento28 de outubro de 1980 (43 anos)
Universidade do Estado de Xeorxia, Estados Unidos
Coñecido porUso intelixente de lexigramas
PaisMatata (nai)
FillosTeco (nado o 1 de xuño de 2010)[1]

Kanzi é un bonobo macho (Pan paniscus), un dos monos máis coñecidos polas súas habelencias lingüísticas.
Nado o 23 de outubro de 1980 no Language Research Center da Universidade Estatal de Xeorxia, en Atlanta. unha das femias dominantes, Matata, roubouno aos seus pais e adoptouno, cando Matata foi seleccionada para aprender unha linguaxe por sinais deseñado por Sue Savage-Rumbaugh con centos de lexigramas, cada un cun significado concreto, que amosaba a Matata ao tempo que pronunciaba o seu significado. A experiencia, despois de anos, non daba resultados, polo que resultou unha sorpresa que un día, cando Matata estaba ausente, Kanzi comezou a utilizar os lexigramas de xeito correcto, aprendéraas, escoitando e observando, como un neno humano. Dende entón aprendeu máis de 400 palabras e utiliza regras gramaticais equivalentes ás usadas por un neno humano de dous anos. Kanzi ademais é capaz de empregar útiles de pedra.

Actualmente reside no Great Ape Trust en Des Moines, Iowa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kluger, Jeffrey (5 de agosto de 2010). "Inside the Minds of Animals". Time. Consultado o 13 de decembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]