Kanak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kanak
Bandeira de Nova Caledonia
Mulleres Kanak
Bandeira de Nova Caledonia e mulleres Kanak
Poboación total:
87,784 (1996)
Poboacións importantes en:
Nova Caledonia e outras illas da Melanesia
Lingua:
Linguas kanak e francés
Relixión
Animismo e Cristianismo
Grupos étnicos relacionados:
Insulares do estreito de Torres, papúa e aborixes australianos

Os Kanak (tamén coñecidos como Canaque) son os indíxenas melanesios de Nova Caledonia. Constitúen o 44.1% da poboación total de Nova Caledonia.

Índice

Etimoloxía [editar]

O termo "kanak" ten a súa orixe na palabra kanaka que significa "home" en lingua hawaiana, e é usado en xeral polos habitantes indíxenas das Illas do Pacífico para se referir a eles mesmos. Os navegantes e mercadores europeos xeneralizaron o seu emprego, sobre todo na forma francesa «canaque», para referirse non só ós polinesios, senón tamén ós pobos de Melanesia e Micronesia.

En Nova Caledonia, o termo utilizouse por parte dos franceses de forma pexorativa. A partir da década de 1960 os movementos independentistas de Nova Caledonia apropiáronse do termo para referirse a si mesmos. Deste xeito, a nación kanak denomínase Kanaky. Cunhas trinta linguas autóctonas diferentes, non existía unha denominación común para o país nin para a poboación melanesia de Nova Caledonia. O que antes se consideraba pexorativo, hoxe emprégase con orgullo e como símbolo de reivindicación cultural e emancipación política.

Historia [editar]

Son considerados tradicionalmente como un pobo melanesio. A súa instalación no arquipélago remóntase cando menos ós anos 1.000 e 1.500 a. C., coincidindo coa expansión austronesia en Oceanía. A datación baséase nos restos arqueolóxicos atopados en Nova Caledonia onde se atoparon os primeiros e principais xacementos pertencentes á cultura lapita.

Kanak famosos [editar]

Destaca o futbolista Christian Karembeu, xogador internacional da Selección de fútbol de Francia que gañou a Copa Mundial de Fútbol de 1998. Tamén atopamos ó futbolista Frédéric Piquionne que actualmente xoga de dianteiro na Premier League.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]