Kaliningrado - Калининград

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaliningrado - Калининград
Kgd gerb.png Flag of Kaliningrad.png
Situación xeográfica
Situación de Kaliningrado
Estado: Flag of Russia.svg Rusia
Distrito Federal: Distrito Federal Noroeste
Óblast: Flag of Kaliningrad Oblast.svg Kaliningrado
Xeografía
Altitude: 4,8 msnm
Superficie: 215.7 km²
Poboación
Poboación total: 434.954 hab. (2005)
Densidade de poboación: 1.964 hab./km²
Xentilicio: reximontano/a
Información
Código postal: 236010
Alcalde: Iurii Savenko
Sitio na web: http://www.klgd.ru/

Kaliningrado (ruso: Калининград) é a capital da provincia rusa de Kaliningrad, enclave ruso entre a Polonia e a Lituania, na beira do Mar Báltico. A cidade tamén é célebre polo problema topolóxico das Sete pontes de Königsberg, resolvido por Euler no 1736.

Índice

Historia [editar]

O Köningsberg alemán [editar]

O castelo de Köningsberg.

Kaliningrado foi fundada no 1255 polos Cabaleiros teutónicos baixo o nome de Königsberg (a montaña do rei), foi a capital da Prusia ata a unificación de Alemaña, da que pasou a formar parte. Tras a Primeira Guerra Mundial, o territorio pruso, xunto con Köningsberg, quedou aislado do resto de Alemaña polo corredor polaco de Danzig.

Na Segunda Guerra Mundial, libráronse duros combates nos aredores da cidade entre o Exército Vermello e as forzas alemás, que remataron coa vitoria soviética e a captura de case 100.000 soldados alemáns. No final da Segunda Guerra Mundial a poboación sufríu severos bombardeos aliados, que foron seguidos dunha represión intensa dos soviéticos, que tentaron exterminar ou expulsar a poboación.

Kaliningrado na Unión Soviética [editar]

Ao rematar a guerra, Köningsberg foi renomeado como Kaliningrado (do nome do presidente do Comite Central do Partido Comunista, Mikhaíl Kalinin), cando a URSS anexou os territorios da rexión (rexión de Kaliningrado). Como compensación pola anexión deste territorio, Polonia anexionouse as rexións alemás de Silesia e Pokerania oriental. A súa vez, a Prusia Oriental foi dividida en dúas partes: a meridional que pasou a máns polacas, e a setentrional que foi incluída na Unión Soviética.

A maior parte dos residentes alemáns, foron expulsados da cidade. A Unión Soviética seguíu enton unha política de rusificación do territorio, sen incorporar a rexión da República Socialista Soviética de Lituania. Kaliningrado foi unha das principais bases navais soviéticas do Mar Báltico, xunto con Riga e a illa de Kronstadt.

Tras a caída da Unión Soviética e a independencia de Lituania no 1991, o territorio quedou baixo a soberanía rusa e separado do resto do país.

Kaliningrado na Federación Rusa [editar]

A catedral de Kaliningrado

Tras a caída da Unión Soviética e a independencia de Lituania no 1991, o territorio quedou baixo a soberanía rusa e separado do resto do país. Kaliningrado convertíusen entón nun enclave ruso aislado do resto de Rusia, feito que se acentuou aínda máis cando Polonia e Lituania ingresaron na OTAN e máis tarde na Unión Europea. Por estas razóns todos os rusos desta rexión que queren pasar desta rexión ao resto de Rusia teñen que facelo a través de países membros da OTAN e da UE que lles exixen un visado. O primeiro ministro ruso Vladimir Putin declarou que este requirimento de visa era unha violación da soberanía rusa, ademais, propuxo a creación dunha zona de libre comercio na rexión, para convertir a Kaliningrado no "Hong Kong do Báltico". Pouco despois, Rusia e Lituania chegaron a un acordo: os rusos que desexen cruzar Lituania recibirán un permiso especial para cruzar as fronteras ruso-lituanas.[1]

No 2004, Alemaña estableceu a súa primeira misión diplomática na cidade, feito que é interpretado como un símbolo de confianza entre Alemaña e a Federación Rusa. [2]

En xullo de 2007, o viceprimeiro Ministro de Rusia Sergéi Ivánov declarou que se Estados Unidos desplegaba un sistema de defensa contra misís en Polonia, desplegaríanse armas nucleares en Kaliningrado.[3] Kaliningrado é unha importante base naval para Rusia, xa que é o único porto ruso no mar Báltico no que as augas non se conxelan durante o invierno.

Personaxes famosos nacidos na cidade [editar]

Estatua de Immanuel Kant en Kaliningrado.

Cidades irmandadas [editar]

Kaliningrado está irmandada con:

Notas [editar]

  1. Acuerdo sobre Kaliningrado. BBC Mundo. Consultado o 16/02/2008.
  2. Germany starts Kaliningrad link. BBC News. Consultado o 16/02/2008.
  3. Rusia ameaza de novo con misís. BBC Mundo. Consultado o 16/02/2008.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: