Kaleb Canales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaleb Canales
Nacemento7 de xullo de 1978
Lugar de nacementoLaredo
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterVirginia Commonwealth University, University of Texas at Arlington, John B. Alexander High School e Laredo College
Ocupaciónadestrador de baloncesto
editar datos en Wikidata ]

Victor Kaleb Canales, nado o 7 de xullo de 1978 en Laredo, Texas, é un adestrador americano de baloncesto profesional que actualmente é adestrador asistente dos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Adestrador NBA[editar | editar a fonte]

En 2005, Canales foi contratado polos Portland Trail Blazers coma axudante da sección de vídeo do equipo. Máis tarde foi contratado coma coordinador principal de vídeo. En 2009, foi ascendido a adestrador asistente do equipo.[1] En 2010, Canales fixo de adestrador dos Blazers na Liga de Verán da NBA.[2] O 15 de marzo de 2012, Nate McMillan foi despedido coma adestrador principal dos Trail Blazers, e Canales foi ascendido a adestrador principal interino.[3] Canales converteuse no adestrador máis novo en activo na NBA.[4]

No verán de 2012, Portland contratou a Terry Stotts coma adestrador principal, pero Canales se quedaría no equipo coma asistente.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Birnbach, Craig (6 de febreiro de 2010). "Hard work, no sleep propels this guy to Blazers’ coaching job". KATU.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2011. Consultado o 16 de xullo de 2010. 
  2. Freeman, Joe (30 de xuño de 2010). "Trail Blazers announce summer league roster". The Oregonian. Consultado o 16 de xullo de 2010. 
  3. Tokito, Mike (15 de marzo de 2012). "Trail Blazers fire Nate McMillan as coach; assistant Kaleb Canales will finish season as interim coach". The Oregonian. Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  4. Freeman, Joe (18 de marzo de 2012). "Trail Blazers turn to Kaleb Canales to repair fractured locker room". The Oregonian. Consultado o 22 de marzo de 2012. 
  5. Quick, Jason (7 de agosto de 2012). "Kaleb Canales will stay with Blazers as assistant coach". The Oregonian. Consultado o 7 de agosto de 2012.