Kairouan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kairuan»)
Modelo:Xeografía políticaKairouan
القيروان (ar)
رابعة الثلاث (ar) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 35°41′N 10°06′L / 35.68, 10.1Coordenadas: 35°41′N 10°06′L / 35.68, 10.1
PaísTunisia
Subdivisões da Tunísia (pt) TraducirKairouan (província) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación186.653 (2014) Editar o valor em Wikidata (274.409 hab./km²)
Xeografía
Superficie68,02 ha Editar o valor em Wikidata
Altitude68 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorUqba ibn Nafi al-Fihri (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación670 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Identificador descritivo
Código postal3100 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Bursa
Tlemcen (pt) Traducir
Tombouctou
Samarcanda
Fez (1965–)
Córdoba (1969–) Editar o valor em Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Mundo árabe
Data1988 (12ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iii), (v) e (vi) Editar o valor em Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2010 Editar o valor em Wikidata
Identificador499

Páxina webcommune-kairouan.gov.tn Editar o valor em Wikidata
A gran mesquita.

A cidade de Kairouan[1] (القيروان, a "cidade fortificada" en árabe), a 160 km ao sur de Tunes, tamén coñecida como "a cidade das 50 mesquitas", fundada en 670, floreceu durante a dinastía Aghlábida no século IX. O seu rico patrimonio arquitectónico inclúe a Gran Mesquita, con belas portas talladas en madeira e arabescos de estuco e as 400 columnas de mármore e pórfiro da sala de oracións, con inscricións fenicias, romanas e árabes e a Mesquita das Tres Portas, entre outras. A pesar da transferencia da capital política para Tunes no século XII, Kairouan permaneceu como capital espiritual do Magreb e en certa forma continúa a selo despois de 13 séculos de cultura islámica, sendo a terceira cidade de pelegrinaxe do islam tras Meca e Medina[2]. A cidade foi inscrita pola UNESCO en 1988 na lista dos lugares Patrimonio da Humanidade.

A medina, coas súas murallas impoñentes e portas monumentais, alberga belas mesquitas, un antigo pozo e centenas de tendas onde as famosas alfombras de Kairouan, de pura , son tecidas e vendidas, así como o artesanado en cobre, latón e dos traxes tradicionais, a “jebba” e o “burnous”, ornamentados ou naturais.

Mesquita das Tres Portas

O deseño típico das alfombras de Kairouan chámase “Alloucha” e faise coas cores naturais da lá, cunha bordadura de raias paralelas en padróns xeométricos. A avaliación das alfombras faise segundo a espesura do fío usado e polo número de nós por metro cadrado, sendo o “normal” de 10 a 40 mil nós, “fino” de 65 a 90 mil e “extra fino” de 160 a 500 mil. As alfombras de seda poden ter máis de 500 mil nós por metro cadrado.

En Kairouan tamén se produce unha alfombra tecida, sen nós, a “margoum”, cos típicos deseños xeométricos da cultura bérber, máis leves e nunha multitude de cores.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kairouan". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1164. 
  2. Hutchinson Encyclopedia 1996 Edition. Helicon Publishing Ltd, Oxford. 1996. p. páx.572. ISBN 1-85986-107-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]