KK FMP Železnik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo é sobre o FMP Železnik orixinal (1991–2011). Para o actual equipo da KLS/ABA, véxase KK FMP.
KK FMP
Información xeral
Nome KK ФMП
Liga KLS / ABA
Fundación 26 de marzo de 1975
Desaparición 2015
Cores           Vermello, branco
Presidente Nebojša Čović
Adestrador Slobodan Klipa
Localización
Cidade Belgrado, Serbia
Pavillón Železnik Hall
Capacidade 3.000
Inauguración 1 de xuño de 1973
Campionatos
ABA Liga 2 (2004, 2006)
Copa 4 (1997, 2003, 2005, 2007)
kkfmp.ksb.rs

O Košarkaški klub FMP (en serbio cirílico: KK ФMП), tamén denominado KK Železnik ou FMP Železnik, foi un club profesional de baloncesto cuxa sede estaba no barrio de Železnik, en Belgrado, Serbia. O FMP xogaba os seus encontros como local no Železnik Hall, un pavillón con capacidade para 3.000 espectadores. No ano 2015 desaparece o equipo, tomando o seu testemuño o KK Radnički Basket, que adopta o nome e o escudo do equipo, pasando a denominarse KK FMP Beograd.

Historia[editar | editar a fonte]

Década de 1970[editar | editar a fonte]

O club estableceuse baixo o nome de KK ILR Železnik o 26 de marzo de 1975 por iniciativa conxunta da compañía de maquinaria local Ivo Lola Ribar (ILR) e o consello de administración local de Železnik. Inicialmente, o club foi parte da Sociedade Deportiva Ivo Lola Ribar, que, ademais de baloncesto, contaba con equipos de fútbol, balonmán, voleibol, boxeo, birlos, tiro con arco e xadrez.

Nos seus modestos comezos, o club competiu na liga municipal de Belgrado, xogando os seus partidos como local na cancha descuberta de chan de cemento da escola primaria Braća Jerković. aínda que a liga municipal funcionaba durante o período de primavera-verán, o ILR Železnik tamén disputaba á liga de inverno de Belgrado co fin de manter o nivel de condición física até o comezo da seguinte tempada. O novo club foi ben recibido polos residentes do barrio de Železnik, que a miúdo enchían a pequena cancha, e mesmo facían viaxes para moitos partidos fóra de casa. Co tempo, como o interese no baloncesto creceu en toda a comunidade, e o club comezou a desenvolver un sistema para que puidesen participar mozos de tódalas idades.

Década de 1980[editar | editar a fonte]

Con máis experiencia no seu haber, o primeiro equipo do Železnik comezou a acadar notables resultados, avanzando o club dende as categorías inferiores. A mediados da década de 1980, chegou á liga provincial serbia. Con todo, o ascenso a un nivel máis alto supoñía tamén uns custos máis altos, e non se podían cubrir os gastos de alugueiro dun pavillón de baloncesto no que competir. Así, o ILR Železnik cesaría as súas actividades de baloncesto en 1986.

Década de 1990[editar | editar a fonte]

O club estivo basicamente inactivo até 1991, ano no que conseguiu reactivarse como "FMP Železnik", baixo a iniciativa da compañía siderúrxica "Fabrika metalnih proizvoda AD" (FMP), que se converteu na propietaria do club de facto. Case de inmediato, o club continuou onde o deixara en 1986, e tras unha tempada na Segunda Provincial gañouse o ascenso á Primeira Provincial. Na tempada 1994-95, o FMP chegou á Segunda División da liga Federal de Iugoslavia, o segundo nivel máis alto do baloncesto iugoslavo. Ese ano, nunha tempada memorable, conseguiron o primeiro posto da liga tan só perdendo catro encontros, gañando o ascenso ao máis alto da liga iugoslava.

Celebrando o seu vixésimo aniversario, Železnik comezou a tempada 1995-96 competindo contra equipos como o KK Crvena zvezda, KK Vojvodina, Beobanka, Bobanik, KK Lovćen, Mladost ou Gorstak no nivel máis alto do país. Amosando a madurez conseguida ao longo dos anos, o club terminou a tempada regular no terceiro lugar, gañando así a entrada á YUBA Super Liga onde, fronte os equipos máis potentes do país, arranxáronse para evitar o descenso finalizando en novena posición.

A tempada 1996-97 foi aínda máis exitosa, acabado no terceiro ligar e a primeira aparición nos playoffs na historia do club. Sorprendentemente para moitos, o Železnik chegaron á postempada cando se toparon co KK Partizan. Nunha serie ao mellor de cinco, os xogadores Železnik lograron dar a sorpresa no segundo encontro, gañando 82-76 fóra da casa, mais non conseguiron finalmente pasar a pesar de ter os dous seguintes partidos en casa. O Partizan gañarou a serie 3 xogos a 1. Con todo, ese ano chegou o seu primeiro título, ao gañar a Copa.

Década de 2000[editar | editar a fonte]

Aos comezos do milenio o club conseguiu os seus maiores éxitos en toda a súa historia, tras conseguir tres copas máis, en 2003, 2005 e 2007, e dúas Ligas do Adriático, en 2004 e 2006. Entre 2003 e 2005 o club chamouse KK Reflex, para pasar a chamarse finalmente KK FMP. En agosto de 2011 o equipo chega a un acordo co KK Crvena zvezda, de forma que o equipo compite co nome, escudo e cores do equipo de Belgrado durante cinco anos. O acordo estipulaba que todos o resultados do club, incluídos os trofeos, sería atribuídos ao Crvena zvezda. Tras o final do trato, o acordo estipulaba que o Crvena zvezda continuaría onde ficase o KK FMP. Finalmente, o pacto remata un ano antes do agardado. Mentres tanto, o KK Radnički Basket mudou o seu nome a KK FMP, poñendo a súa sede no mesmo enderezo que o FMP orixinal. Este club adoptou o nome e o modificou lixeiramente o escudo do FMP. O antigo club pasou entón a denominarse KK ILR, participando actualmente só en categorías xuvenís.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Železnik Hall.

O Železnik Hall é o pavillón onde xogaba so seus encontros como local o FMP. A cancha de baloncesto ten tres niveis e unha área de 4.500 metros cadrados. Con varias estruturas asociadas, representan un complexo deportivo e de negocios moderno. Á parte dunha cancha con capacidade para 3.000 espectadores, hai un bloque de hidromasaxe, un centro especializado en diagnóstico médico e un moderno ximnasio de 200 metros cadrados. O estadio conta con iluminación escénica e altofalantes de 6 kW. Tamén unha sala de trofeos, sala de prensa con capacidade para 40 persoas e un hotel cunha superficie de 1.000 metros cadrados para o aloxamento dos xogadores de baloncesto.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]