K-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O K-1 é un deporte de combate que combina o kick-boxing, karate, taekwondo, boxeo tailandés, savate e outras artes marciais a fin de elixir o máis poderoso loitador do mundo. Creado por Kazuyoshi Ishii en 1993 no Xapón, o encargado do seu desenvolvemento é o Fighting and Entertainment Group e o evento anual máis importante é o K-1 World Grand Prix coa súa final que se celebra no Tokyo Dome, agás no 2007 que foi en Corea do Sur. A organización medra con relativa rapidez até o ano 2010, mais no ano 2011 anunciaron que tiñan problemas financeiros o que supuxo un parón na competición e un restructuramento comercial no que Fighting and Entertainment Group vende os dereitos da competición a Barbizon Co. Ltd[1]. O 1 de febreiro de 2012 EMCOM Entertainment Inc. faise con estes dereitos. Estes problemas fan que nos anos 2011 e 2012 non se dispute o cinto de campión pesado (si o de pesos lixeiros, categoría denominada K-1 Max)[2]

Campións do K-1 World Gran Prix[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 12 de setembro de 2017.