Justo Villanueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Justo Villanueva Gómez»)
Justo Villanueva
Nacemento17 de maio de 1893 e 1893
Lugar de nacementoCorcubión
Falecemento21 de febreiro de 1952 e 1952
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, político, xurista e catedrático
editar datos en Wikidata ]

Justo Villanueva Gómez, nado en Corcubión o 17 de maio de 1892 e finado en Madrid o 21 de febreiro de 1952,[1] foi un avogado, xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catedrático de Dereito político das universidades de La Laguna (1922), Santiago de Compostela, Sevilla e Valladolid.

Foi militante do Partido Republicano Radical, e na súa representación elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936. Nestas últimas, foi considerado inicialmente como deputado (quedara en noveno lugar, o último da circunscrición en votos), pero a Comisión de Actas anulou a súa elección o 2 de abril ao non computarse como válidos un total de 106.000 votos por diversas irregularidades.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Portugal. Foi depurado e separado da súa cátedra o 24 de setembro de 1937; en 1939 foi sometido ao Xulgado de Responsabilidades Políticas. Foi rehabilitado o 16 de febreiro de 1952.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Isidora Lázaro de Diego. Foi tío do tamén político ourensán Ángel Villanueva Cendón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en ABC, 20-2-1953, p. 39.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]