Juste-Aurèle Meissonnier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deseño para unha mesa por Meissonnier, París, c. 1730.

Juste-Aurèle Meissonier (1695-1750) foi un ourive, escultor, pintor, arquitecto e deseñador de mobles francés.

Meissonier foi quen realizou a primeira e fundamental contribución á linguaxe artística coñecida como rococó xa que foi el quen propagou o estilo polos seus deseños e obras, caracterizados pola asimetría e o dinamismo das formas, baseadas na ondulación das curvas e contracurvas en tódalas direccións espaciais, a fluidez, a imaxinación e libre inventiva da súa linguaxe coa introdución da forma rochosa mariña e outros elementos mariños.

Da súa obra só se conservan tres pezas, unha caixiña de ouro e lapislázuli, un candelabro de prata e dúas sopeiras.