Juntas Españolas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Juntas Españolas (JJEE) foi un partido español de extrema dereita. Apareceu logo dun chamamento público do director de El Alcázar, Antonio Izquierdo, en 1983 tras a autodisolución de Fuerza Nueva de Blas Piñar. Barcelona foi o principal foco da organización e entre os seus dirixentes estiveron Ramiro Barbero e Ramón Graells.

A publicación oficial das JJEE, Eje, reflectía antisemitismo e negación do Holocausto ademais dos temas habituais da extrema dereita franquista española como a españolización de Cataluña, criminalizar ó inmigrante ou pedir a pena de morte para os terroristas.

En 1994 desapareceu para integrarse na Alianza Democrática Nacional que daría lugar á Democracia Nacional.