Xunta Suprema Militar Carlista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Junta Suprema Militar Carlista»)
Xunta Suprema Militar Carlista
TipoXunta militar
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A Xunta Suprema Militar Carlista formouse en marzo de 1936 co obxectivo de desencadear unha sublevación armada do requeté contra a Segunda República Española. Formouna Manuel Fal Conde co beneplácito do pretendente carlista Xavier de Borbón e nela formaban parte militares en activo e na reserva. O seu plan de insurrección prevía que se levantasen o requeté de Andalucía e Castela nunha manobra de distracción mentres os máis numerosos requetés de Navarra, País Vasco, Cataluña e Valencia marcharían amparados pola confusión cara a Madrid. O plan foi descuberto polas autoridades republicanas e se detivo a numerosos implicados polo que a estrataxema foi abandonada e os carlistas sumáronse á sublevación que estaban preparando os militares dirixidos por Emilio Mola.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.