Junkers Ju 188
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Junkers Ju 188 | |
|---|---|
| Tipo | bombardeiro |
| Fabricante | Junkers |
| Primeiro voo | decembro de 1941 |
| Construídos | 1.234 |
| Variantes | Junkers Ju 388 |
O Junkers Ju 188 foi un bombardeiro medio alemán da Segunda Guerra Mundial. Foi desenvolvido directamente a partir do Ju 88, agrandándolle as ás, a deriva vertical e colocándolle motores máis potentes. Foi introducido na Luftwaffe no verán de 1943 como bombardeiro nocturno resultando un aparato moi eficaz debido á súa maior capacidade de bombas (3.000 kg) e ao mellor armamento defensivo que o seu predecesor. Foi producido en cantidades limitadas, tanto debido á aparición de versións melloradas do Ju-88, como áo deterioro das condicións da guerra, centrándose os alemáns na fabricación de cazas.