Juneau, Alasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juneau
Situación xeográfica
Map of Alaska highlighting Juneau City and Borough.png
País: Flag of the United States.svg Estados Unidos
Estado: Alasca
Condado:
Incorporada:
Alcalde: [[Bruce Botelho]]
Xeografía
Altitude: 17 m msnm
Superficie: 8430.4 km²
Poboación
Poboación total: 30,987 (2005)
Densidade de poboación: 4.4/km²
Información
Sitio na web: http://www.juneau.org

A cidade de Juneau é a capital do estado de Alasca, nos Estados Unidos. No ano 2005, a cidade contaba con 30.987 habitantes, polo que se sitúa como a Terceira cidade do estado en termos de poboación, precedida por Fairbanks e por Anchorage. A cidade atópase localizada na Canle Gastineau, no Arquipélago Alexander.

Características Xerais[editar | editar a fonte]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Juneau é unha das dúas capitais de estado estadounidense as que non se pode chegar por estrada, a outra é Honolulú, o único medio para chegar a ela é por avión ou por barco. Atópase a nivel do mar, aínda que ten moitas montañas próximas. Localízase a unha latitude de 58º 18' 06" cara o Norte a unha lonxitude 134º 25' 10" ao Oeste, a carón do territorio do Canadá (á súa beira oeste), canda outras moitas illas.

Clima[editar | editar a fonte]

Juneau, apesares de estar no sudeste do Alasca, ten unha temperatura moi baixa, cunha temperatura anual inferior a 5 °C. No verán a temperatura é duns 20 °C, usualmente anubrado e con precipitancións, principalmente en agosto e setembro. No inverno a temperatura é menor de 0 °C, chovendo máis do que chovía no verán. A temperatura máxima rexistrada na historia de Juneau foi 32 °C, no xullo de 1975, e a mínima foi en xaneiro do 1972, con -30 °C.

Antropoloxía[editar | editar a fonte]

A poboación nativa é de orixe tlingit, un pobo de ricas tradicións artísticas, con dominio do tecido, a escultura (tótems), a danza e o canto.

Historia[editar | editar a fonte]

Despois de que o ouro fose descuberto, un grupo de buscadores instalouse na localidade, sendo a cidade propiamente fundada en 1881, bautizada en honra ao mineiro Joseph Juneau. Logo da época dos buscadores de ouro, grandes minas subterráneas foron cavadas a principios do século XX, as cales seguirían sendo explotadas ata inicios da Segunda Guerra Mundial.