Julius Fučík
| Julius Fučík | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 23 de febreiro de 1903 | ||
| Lugar: | Praga, Austria-Hungría | ||
| Falecemento: | 8 de setembro de 1943 | ||
| Lugar: | Berlín, Alemaña | ||
| Organización: | Partido Comunista de Checoslovaquia | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político e xornalista | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Julius Fučík, nado en Praga o 23 de febreiro de 1903 e asasinado en Berlín o 8 de setembro de 1943, foi un xornalista checoslovaco, membro destacado do Partido Comunista de Checoslovaquia e parte do movemento de resistencia durante a ocupación nazi. Encarcerado polos nazis e torturado foi finalmente asasinado por eles converténdose nun mártir e heroe durante o réxime comunista.
Traxectoria [editar]
Julius naceu no barrio obreiro de Smíchov en Praga o 23 de febreiro de 1903 dentro dunha familia da clase traballadora, amante do teatro, xa desde neno actuou en obras teatrais de afeccionados do seu barrio. En 1913, cando tiña dez anos, a súa familia ten que trasladarse a Plzeň, unha cidade industrial a 90 km de Praga, onde o pai atopara traballo nas fábricas de Skoda, Julius entrou no instituto da cidade e en 1915 escribiu e editou un único número dunha revista escolar, Slovan. En 1919 produciuse un feito significativo na súa vida cando abandona formalmente a Igrexa Católica. En 1920 entrou no Partido Socialdemócrata dos Traballadores Checoslovacos e cando del se escindiu o Partido Comunista Julius tamén o fai. Ó rematar o bacharelato, Julius, volta a Praga para estudar na facultade de filosofía da Universidade Carolina ó tempo que traballa como auxiliar de oficina e escribe sobre todo de temas culturais para o semanario Pravda, o órgano do PCC de Plzeň e desde 1925 escribe para o Rudé Právo, o órgano central do PCC. En 1926 accede á dirección da revista literaria Kmen e colabora en Tvorba, cando en 1928 o goberno checoslovaco prohibe as publicacións do PCC consegue acceder á dirección de Tvorba e convertela nun órgano oficioso do PCC. En 1929 deixou a dirección de Kmen.
En 1930 realizou unha viaxe de catro meses pola Unión Soviética, as reportaxes que escribiu nesa viaxe apareceron en libro co título de V zemi, kde zítra již znamená včera (No país onde mañá significa xa onte, 1932). Entre 1932 e 1933 Julius realizou o servizo militar en Eslovaquia. En 1934 vai a Moscova como correspondente do Rudé Právo, despois dun período no que se viu fustrigado polas autoridades, os artigos desta época foron publicados postumamente en libro co título de V zemi milované (No país amado, 1949).
Fučík realizou unha viaxe clandestina a Múnic en xullo de 1934 para observar a situación na Alemaña nazi. Despois de o goberno checo prohibir o 30 de setembro de 1938 tódalas actividades do PCC, Fučík seguiu publicando na prensa artigos con alcumes diversos, son artigos que co pretexto de temas históricos fai un chamado á vontade de loita do pobo checo. A creación do Protectorado de Bohemia e Moravia o 15 de marzo 1939 supuxo a entrada das tropas alemás en Chequia e que a fins de maio Fučík buscase a seguridade do fogar familiar en Chotimêrê. Tras saber que a Gestapo andaba detrás del marchou de novo a Praga, vivindo na clandestinidade en pisos de amizades e militantes da rede clandestina do PCC.
Detención e asasinato [editar]
Cando a dirección clandestina do interior do PCC foi detida en xuño de 1941, Jan Zika foi o encargado de dirixir un novo equipo e encargou a Fučík a dirección da propaganda, conseguiu editar na clandestinidade o Rudé Právo, de forma mensual, asemade foi o principal responsable doutras 5 revistas clandestinas. O 24 de abril de 1942 Fučík foi detido pola Gestapo, na cadea escribiu Reportáž psaná na oprátce (Reportaxe ó pé da forca) que foi publicado en 1947, aínda que a versión integra non se publicou ata 1995, xunto a parte na que contaba como sucumbiu á tortura. Julius foi condenado a alta traición e condenado a morte, sentenza que se cumpriu o 8 de setembro de 1943.