Julio Muñoz Aguilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Muñoz Aguilar
Biografía
Morte21 de xullo de 1983 Editar o valor em Wikidata
Hornachuelos, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia da Coruña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcción Española (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Julio Muñoz Rodríguez de Aguilar, marqués de Salinas, finado en Hornachuelos (Córdoba) o 21 de xullo de 1983[1], foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlista. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi Xefe da Delegación de Prensa da Xunta Nacional Carlista de Guerra e despois nomeado Xefe provincial de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Guipúscoa. En febreiro de 1938 foi nomeado Gobernador civil da Coruña[2]. En marzo foi nomeado membro da Junta Política de FET y de las JONS[3]. Xunto con Pedro Barrié de la Maza, promoveu a adquisición mediante subscrición popular do Pazo de Meirás o 5 de decembro de 1938 para regalarllo a Francisco Franco. Permaneceu como gobernador até novembro de 1939. Nos anos corenta foi o primeiro Xefe da Casa Civil de Francisco Franco. Foi condecorado coa Gran Cruz do Mérito Naval en 1939.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Magdalena Muguiro Frígola en 1924.

Notas[editar | editar a fonte]