Julio José Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Julio José Casal, nado en Montevideo o 18 de xuño de 1889 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 1954[1], foi un poeta e crítico uruguaio[2][3].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi cónsul de Uruguai en La Rochelle (Francia) en 1909 e na Coruña de 1913 a 1927. Na Coruña foi secretario xeral de Casa América-Galicia, unha asociación orientada ao comercio entre España e América e fundou e dirixiu a Revista de Casa América-Galicia e Alfar. Un dos máis coñecidos críticos do Uruguai, foi autor da antoloxía Exposición de la poesía uruguaya. A súa filla Selva Casal é tamén unha recoñecida poeta.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Regrets (poesía), Madrid, 1910.
  • Allá lejos (poesía), Madrid, 1912.
  • Cielos y llanuras (poesía), Madrid, 1914.
  • Nuevos Horizontes (poesía), Madrid, 1916.
  • Huerto maternal (poesía), Madrid, 1919.
  • Humildad (poesía), Madrid, 1921.
  • 56 poemas (poesía), Madrid, 1921.
  • Árbol (poesía), A Coruña, 1925.
  • Colina de la música (poesía), Montevideo, 1933.
  • Exposición de la poesía uruguaya desde sus orígenes hasta 1940 (antoloxía), Montevideo, Claridad, 1940.
  • Cuaderno de otoño (poesía), Buenos Aires, Losada, 1947.
  • Recuerdo de cielo (poesía), Montevideo, 1949.
  • Rafael Barradas (ensaio), Buenos Aires, Losada, 1949.
  • Distante álamo (poesía), Montevideo, 1956.
  • Poesía, Montevideo, Aquí Poesía, 1964.
  • Antología de prosa y poesía, Montevideo, 1966.

Notas[editar | editar a fonte]