Julia García-Valdecasas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulia García-Valdecasas Salgado
Nome orixinal(es) Julia García-Valdecasas Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata
Barcelona
Morte5 de febreiro de 2009 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Barcelona
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Cargos
Ministra de Administracións Públicas (2003 - 2004)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAuditora do Estado
Partido políticoPartido Popular
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeXabier Añoveros Trías de Bes Editar o valor em Wikidata
PaiFrancisco García-Valdecasas Santamaría (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Julia García-Valdecasas Salgado, nada en Barcelona o 29 de xaneiro de 1944 e finada na mesma cidade o 5 de febreiro de 2009, foi unha política española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla de Francisco García-Valdecasas, quen fora reitor da Universidade de Barcelona durante o franquismo. Licenciada en Farmacia nesa universidade, traballou de boticaria dende 1969 ata 1979. Posteriormente ingresou no corpo de Interventores e Auditores do Estado por oposición en 1980, e a ese traballo dedicou o resto da súa vida. Chegou a ostentar a presidencia da Asociación Nacional de Interventores de España de 1990 a 1994.

Comezou a súa carreira política cando o presidente de goberno español José María Aznar a nomeou delegada do Goberno en Cataluña en maio de 1996. Afiliouse ao Partido Popular e ocupou o cargo de delegada ata agosto de 2003 cando foi promovida ao cargo de ministra de Administracións Públicas. Foi a primeira muller en ocupar ese ministerio.

O 14 de marzo de 2004 foi elixida Deputada pola circunscrición de Barcelona no Congreso dos Deputados, pero ao perder o PP o goberno tivo que abandonar o ministerio, onde foi substituída polo socialista Jordi Sevilla. O 1 de outubro de 2006 deixou o escano no Congreso por razóns de saúde, posto que lle diagnosticaron unha enfermidade dexenerativa chamada atrofia multisistema ou MSA. Faleceu dous anos máis tarde, en febreiro de 2009 dunha pneumonía[1].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estaba casada co profesor de dereito mercantil Xabier Añoveros Trias de Bes e tiña 3 fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Javier Arenas
 
Ministra de Administracións Públicas de España
 
2003 - 2004
Sucesor:
Jordi Sevilla