Julián Sanz del Río
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julián Sanz del Río (Torre Arévalo, Soria, 1814 - Madrid, 1869) foi un filósofo e un dos impulsores do krausismo en España.
Estudou en Granada e logo en Madrid, onde será catedrático de Historia da Filosofía. En 1843 foi enviado a ampliar estudos en Alemaña, impregnándose alí da filosofía de Krause, que difundirá en España ao seu regreso, o que orixinará unha rama española do krausismo, provocando importantes mudanzas na vida intelectual deste país nos séculos XIX e XX.
Un dos seus discípulos máis destacados foi Francisco Giner de los Ríos, fundador e director da Institución Libre de Enseñanza.
Obras [editar]
Entre as súas obras salientan:
- Lecciones para el sistema de filosofía analítica de Krause (1850).
- Sistema de filosofía; Metafísica (Primeira parte) e Análisis, 1860 (Segunda parte).
- Síntesis, (1874).
- Análisis del pensamiento racional (1877).
- Filosofía de la muerte (1877).