Jules Barbey d'Aurevilly
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jules Amédée Barbey d'Aurevilly, nado en Saint-Sauveur-le-Vicomte en 1808 e finado en París en 1889, foi un escritor francés.
Traxectoria [editar]
Fillo dunha familia monárquica normanda. Estuda en París e dereito en Caen. En 1833 volta a París e vive como un dandi, escribe relatos e colabora como crítico literario no xornal Constitucionnel en 1845. Defende a Balzac e Baudelaire en 1857 pero ataca Os miserables de Victor Hugo en 1862. En 1871 ingresa na Garda Nacional. A súa obra máis coñecida é Les diaboliques (1874), unha colección de seis relatos, historias de paixóns e crimes, no que as mulleres xogan un papel central.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Barbey d'Aurevilly ou le triomphe de l'écriture, Jean-Pierre Thiollet, H & D Editions, 2006 ISBN 2 914 266 06 5