Jujitsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jujutsu
Información xeral
Lugar de orixe Flag of Japan.svg Xapón
relación con outras artes marciais
Descendente Judo
Aikido
Outras informacións

Jujutsu (柔術, Jūjutsu, arte suave) é unha arte marcial xaponesa practicada sen o uso de armas e que utiliza como principais técnicas de esnogadura e panca en articulacións, puntos de presión, moquete e golpes de proxección, para derrubar e dominar un opoñente. A súa orixe, como sucede con case todas as artes marciais ancestrais, non pode ser apuntada con total certeza, o que se sabe é que seu principal ambiente de acaecemento e refinación foron as escolas de samurais, a clase guerreira do Xapón.[1] Con todo, outros levantan a hipótese de ser orixinada na China, de artes marciais como a Qinna, con algunha influencia hindú.[2][3]

O seu xurdimento deuse por causa das necesidades dos samurais, que no campo de batalla ou durante calquera enfrontamento podería acabar sen súas espadas ou lanzas, precisando, entón, dun método de defensa coas mans núas. O samurai na maior parte de tempo mantiña a armadura, secasí a tendencia era que a maior parte de técnicas é de agarramento, lanzamento (nage waza) e luxacións (kansetsu waza), pois os golpes traumáticos non se mostraban eficaces nese ambiente de loita.[4] Formaba parte da vida do guerreiro feudal xaponés o estudo de varias formas de combate, coa finalidade de estar preparado para calquera circunstancias. O samurai debería defender non soamente a súa vida mais a de seu líder, o Daimio.[5]

Basicamente, úsase a propia forza e tamén a forza do opoñente en movemento de panca, o que posibilita que unha persoa, aínda que sexa menor que o contrario, consiga vencer. No chan, cos movementos para esganar ou forzar as xuntas dos ósos, é posíbel someter o adversario facéndoo desistir dunha competición ou, nunha loita real, capitular.[6][7]

Hai moitas variacións da arte, que vén dunha gran cantidade de escolas e conduce a unha diversidade de enfoques. As escolas, chamadas de ryū, non obstante a predilección por guindar e inmobilizar, poden utilizar todas as formas de técnicas, como moufadas, patadas e puñadas. Ademais de golpes non-armados, moitas escolas ensinan o uso de armas, porque eran fundados por guerreiros e jujutsu era soa outra forma de pelexa. En calquera caso, o foco da arte varía dun mestre ou unha escola a outra.[8]

A arte influenciou directamente o nacemento das formas modernas, como o Judo e o Aikido, e por outras vías no desenvolvemento doutras, como Karate e MMA, aínda do Jiu-jitsu brasileiro. Hoxe en día, jujutsu é practicado en forma de deporte e nas formas tradicionais.[9][10]

Graduación[editar | editar a fonte]

Todas as vellas artes e profesións xaponesas, que acabaron por se desenvolver nun modelo máis formal, como forma de transmisión e recoñecemento do grao de aprendizaxe terminaron adoptando o sistema Menkyo de graduación, do cal o nivel máis alto era o Menkyo kaiden, que daba total dereito de ensino e testificaba que o posesor do título tiña completo dominio sobre a arte.[11][12][13]

Co jijutsu, que era unha das disciplinas estudadas polos samurai, tamén se determinaba o nivel das habilidades co sistema Menkyo, que contaba basicamente tres rangos, inicial, intermediario e final. Con todo, coa evolución, varios outros niveis intermediarios foron engadidos e permanecen até días actuais.[14]

Este escenario mudou coa creación do Judo, por Jigoro Kano, que acabou creando e introducindo o sistema de kyu e dan (Dan-i), con cintos colorados, para os rangos inferiores, e negros e vermellos, para os superiores. Este sistema foi creado co propósito de promover un modo máis sinxelo de intelección e acompañamento, tanto por alumnos como por mestres, da aprendizaxe.[11] O novo paradigma foi adoptado por algunhas escolas mentres noutras non.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alonso, Carlos Alba (en castelán). Jiu-jitsu: la herencia de los samurais, programa oficial de cinturón negro. Madrid: ESM. p. 15. ISBN 978-84-85977-56-7.
  2. Duarte, Orlando (2003) (en portugués). Historia Dos Esportes. São Paulo: Senac. p. 330.
  3. Liu Jinsheng; Zhao Jiang (2007) (en inglés). Chin Na Fa: Traditional Chinese Submission Grappling. Blue Snake Books. p. XV.
  4. "Jujutsu History" (en inglés). Akayama Ryu Jujutsu. http://www.akayamaryu.com/history.htm. Consultado o 25 de febreiro de 2014.
  5. "Development of Unarmed Techniques and Aikijujutsu" (en inglés). http://www.aydr.ca/history-of-aikijujitsu.html. Consultado o 25 de febreiro de 2014.
  6. "10 dicas fundamentais de jiu jitsu para iniciantes e veteranos" (en portugués). http://www.aprendajiujitsu.com.br/10-dicas-fundamentais-para-iniciantes-e-veteranos-no-jiu-jitsu/. Consultado o 25 de febreiro de 2014.
  7. Santos Diógenes, Glória Maria dos (2003). Itinerários de corpos juvenis: o baile, o jogo e o tatame. São Paulo: Annablume. p. 131.
  8. Moclair, James (2009) (en inglés). Ju-Jutsu: A Comprehensive Guide. Bloomington: AuthorHouse. p. 32.
  9. Cody, Mark Edward (2008) (en inglés). Wado Ryu Karate/Jujutsu. Bloomington: AuthorHouse. p. 360.
  10. "Storia del judo" (en italiano). http://www.judosaigo.com/storia_del_judo.html. Consultado o 25 de febreiro de 2014.
  11. 11,0 11,1 "The History of Karate Belts and Ranks" (en inglés) (PDF). Kempo Kan Ju-Jitsu. http://www.minrec.org/wilson/pdfs/History%20of%20Belts%20and%20Ranks.pdf. Consultado o 27 de febreiro de 2014.
  12. "A (Brief) History of Karate Belts and Ranks" (en inglés). 15 de xullo de 2013. http://www.ashiharakaratesg.com/1/post/2013/07/a-brief-history-of-karate-belts-and-ranks.html. Consultado o 27 de febreiro de 2014.
  13. Tamura, Nobuyoshi (2002) (en castelán). AIKIDO. Etiqueta y transmisión. Barcelona: Paidotribo. p. 94.
  14. "Menkyo Rank System" (en inglés). Kempo Kan Ju-Jitsu. http://www.kempokanju-jitsu.co.uk/syllabus-of-kempo-kan-ju-jitsu/grades-in-kempo-kan-ju-jitsu/menkyo-rank-system. Consultado o 27 de febreiro de 2014.
  15. M.T. Shewan. "Ranking in Aikido" (en inglés). http://gargas.biomedicale.univ-paris5.fr/eurocal/ecrits/ranking.html. Consultado o 27 de febreiro de 2014.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jujitsu Modificar a ligazón no Wikidata