Juan de Torquemada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan de Torquemada
Retrato de Juan de Torquemada feito en 1791.
Cardeal da Igrexa católica
Biografía
Nacemento1388 en Valladolid
Pasamento1468 en Roma
Cardeal-Bispo de Sabina
1463 - 1468
PredecesorIsidoro de Kíiv
SucesorBasilio Besarión

Juan de Torquemada, nado en Valladolid no ano 1388 e finado en Roma no ano 1468[1], foi un teólogo católico, relixioso dominicano e bispo e cardeal castelán. Dirixiu a diocese de Cádiz entre os anos 1440 e 1442, e de Ourense en dous períodos: de 1442 a 1445 e de 1463 a 1466[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Vallladolid en 1388, semella que dunha familia de xudeus conversos. Estudou filosofía e teoloxía en Salamanca e doutorouse en teoloxía en París.

No ano 1403 entrou na orde dominicana e máis tarde participou en varios concilios, sempre na defensa da autoridade papal e da ortodoxia da Igrexa católica. Polo tanto viaxou por Europa para cumprir misións diplomáticas da Igrexa.

Redactou varias obras teolóxicas.

Era tío de Tomás de Torquemada [3], inquisidor xeneral español.

Cargos eclesiásticos[editar | editar a fonte]

O papa Uxío IV nomeouno Mestre do Sacro Pazo en 1431 e cardeal en 1439. Foi bispo de Ourense e de Cádiz.

Obras[editar | editar a fonte]

Decretum Gratiani, 1727

Deixou escritos uns Comentarios al Decreto de Graciano, divididos en cinco partes. La Suma Eclesiástica dedicada á Nicolao V, na cal contesta aos inimigos da Igrexa e o Primado de San Pedro: cren algúns que este é o tratado da Potestad del Papa, y del Emperador, que tivo o manuscrito na súa biblioteca o Conde Duque de Olivares.

Publicou tamén libros Del agua bendita, de su virtud y eficacia; Meditaciones de la vida de Christo; Comentarios á la Regla de San Benito; Breve y útil declaración de los Salmos; Qüestiones espirituales sobre los Evangelios de todo el año, os cales distinguen algúns dos sermóns das feiras e dominicanas, e dos santos. Un Tratado contra los principales errores de Mahoma. Outro sobre la verdad de la Concepción de la Santísima Virgen. Unha Colección de sentencias de Santo Tomás sobre la autoridad del Papa y del Concilio General en respuesta al Orador del Concilio de Basilea. Un Aparato acerca del Decreto de la unión de la Iglesia Griega, publicado no Concilio de Florencia. Un Tratado de la salud del alma. Outro del Cuerpo de Christo: e outros varios que se conservan manuscritos na Biblioteca Vaticana, na biblioteca Minerva (Biblioteca Casanatense, Roma), e na biblioteca de San Lorenzo de El Escorial (Madrid).


Predecesor:
Diego Rapado
 Bispo de Ourense 
1443 - 1445
Sucesor:
Pedro Silva e Alonso López de Valladolid

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]