Juan Zavala de la Puente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Zavala de la Puente

Juan Zavala de la Puente (ás veces Juan de Zavala; ou Juan Zabala). Conde de Paredes de Nava e Marqués de Sierra Bullones. (Lima, 1804 - Madrid, 1879). Militar e político español. Foi Presidente do Goberno de España.

Logo da declaración de independencia do Perú regresou á Península Ibérica, ingresando na carreira militar. Participou durante a Primeira Guerra Carlista no bando leal a Isabel II. Foi comisionado por Baldomero Espartero para preparar o Convenio de Oñate, que, posteriormente, asinarían o propio Duque de la Victoria e máis o xeneral carlista Rafael Maroto, pondo fin á guerra. Ao longo da guerra, Zavala ascendeu ata o grao de tenente xeneral.

Durante o reinado de Isabel II, foi un dos xenerais que participaron, con Leopoldo O'Donnell ao mando, na guerra de África, obtendo méritos que lle valeron o marquesado de Sierra Bullones. Foi ministro de Mariña nos gobernos da Unión Liberal. En 1874, no ano final do Sexenio Democrático, na República Unitaria, da que o xeneral Serrano era o home forte, nomeou D. Juan Zavala como Presidente do Consello de Ministros, actuando como tal desde o 26 de febreiro de 1874, á par que seguía a ostentar o Ministerio da Guerra. Zavala foi substituído nese mesmo ano, o 13 de maio, por Sagasta.


Predecesor:
Francisco Serrano
Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España

1874
Sucesor:
Práxedes Mateo Sagasta