Juan Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Rodríguez
Juan Antonio Rodríguez Villamuela.jpg
Juan Rodríguez xogando para o Deportivo.
Información persoal
Nome completo Juan Antonio Rodríguez Villamuela
Nacemento 1 de abril de 1982 (32 anos)
Lugar Málaga, España
Altura 1,85 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Getafe
Número 22
Carreira xuvenil
Málaga
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2000–2004 Málaga B 111 (16)
2003–2006 Málaga 58 (6)
2006–2011 Deportivo da Coruña 160 (11)
2011– Getafe 25 (2)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 21 de xaneiro de 2013.
† Aparicións (Goles)

Juan Antonio Rodríguez Villamuela, máis coñecido como Juan Rodríguez, nado en Málaga o 1 de abril de 1982, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Getafe CF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Conseguiu o ascenso do Málaga CF B a Segunda División, sendo pouco despois ascendido ao primeiro equipo. Co descenso do Málaga CF a Segunda División na campaña 2005–06, Juan Rodriguez foi contratado polo Deportivo da Coruña o 13 de xullo de 2006.

Cando chegou ao Deportivo non contou co apoio do por aquel entón adestrador Joaquín Caparrós, xa que para o técnico era a última opción por detrás dos seus compañeiros Sergio e De Guzmán e somentes estaba por diante de Duscher a quen o míster tiña condenado ao ostracismo. Coa chegado ao equipo de Miguel Ángel Lotina en 2007 e unido á venda de Duscher, ao baixo rendemento de De Guzmán e ás constantes lesiones do sustituto de Antonio Tomás, abríronselle as portas da titularidade a cal non abandonou desde que a estreou, chegando a relegar ao banco a un dos capitáns branquiazuis, Sergio. Actualmente forma a dupla de medio co capitán facendo a función de medio de contención, recuperador de balóns e interceptor de pases.

O 11 de decembro de 2010 alcanzou os 200 partidos en Primeira División, nun encontro entre o Atlético de Madrid e o Deportivo (2–0).[1]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada Club País Competición App Gls
2003–04 Málaga B España España Segunda División 12 2
2003–04 Málaga CF España España Primeira División 2 0
2004–05 Málaga CF España España Primeira División 27 5
2005–06 Málaga CF España España Primeira División 29 1
2006–07 RC Deportivo Galicia Galicia Primeira División 31 4
2007–08 RC Deportivo Galicia Galicia Primeira División 26 1
2008–09 RC Deportivo Galicia Galicia Primeira División 37 2
2009–10 RC Deportivo Galicia Galicia Primeira División 35 3
Total 199 18

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]