Juan Ramón Quintás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Juan Quintás Seoane")

Juan Ramón Quintás Seoane, nado na Coruña o 14 de agosto de 1943, é un economista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Bilbao, é Doutor con Premio Extraordinario de Doutorado. Ampliou estudos na International School on Mathematical Systems Theory. Foi profesor de Teoría Económica na Facultade de Ciencias Económicas da USC. Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia da Coruña na I lexislatura (1979-1982). Foi presidente de SODIGA (1982-1983). En 1984 incorporouse a Caixa Galicia como Director Xeral Adxunto (1985-1994), en 1994 foi nomeado Director Xeral da Confederación Española de Caixas de Aforros e en 2002 foi elixido presidente.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La empresa socialista. Una aproximación económica, 1971.
  • Sobre un modelo dinámico de monopolio, 1971.
  • La Economía como disciplina en etapa de transición hacia su constitución como ciencia empírica, 1973.
  • Economía y educación, 1983.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]