Juan Prieto Balsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Prieto Balsa
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Ombre, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEscacho Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan Prieto Balsa, coñecido como Escacho, nado en Mugardos en 1903 e finado en Ombre (Pontedeume) o 24 de xullo de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrante en Cuba onde fundou e presidiu a Unión de Viveristas del Puerto de la Habana (1921), que se converteu en 1922 no Sindicato Único de la Industria de la Pesca en Cuba, militou en 1925 no primeiro grupo comunista da Habana e na Confederación Obrera Cubana. Foi deportado en 1930 e participou en xullo de 1931 na fundación do Sindicato de Marineros y demás Oficios de Mugardos vencellado á CNT. Despois abandonou a CNT e pasou a militar no Partido Comunista. Logo das eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Mugardos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi fusilado en Ombre en cumprimento do Bando de Guerra con Manuel Serantes Iglesias e Felipe Tejedor Torio.[1][2]


Predecesor:
?
 
Alcalde de Mugardos
 
1936
Sucesor:
Manuel Vázquez Fariña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 26-7-1936, p. 1.
  2. El Progreso, 28-7-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]